Phasianus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Phasianus
Faisáns

Rango fósil: mioceno-actualidade (5,4-0 Ma)
Macho de faisán común (Phasianus colchicus)
Macho de faisán común (Phasianus colchicus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Superfamilia: Phasianoidea
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Phasianinae
Xénero: Phasianus
Linnaeus, 1758
Especie tipo
Phasianus colchicus
Linnaeus, 1758
Especies

Phasianus é un xénero de aves da orde dos galiformes, que é o tipo da superfamilia dos fasianoideos (Phasianoidea), da familia dos fasiánidos (Phasianidae) e da subfamilia dos fasianinos (Phasianinae).

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Phasianus tirouno Linneo do latín phasiānus, -i (nome masculino e feminino), 'faisán'. Este nome deriva do grego Φασιανός phasianós, "faisán" ou, máis precisamente, "ave do Phásis" (Φάσις), río da Cólquida (antigo reino situado na actual Xeorxia), que desemboca no mar Negro, de onde procedía o animal que el describiu para o xénero, Phasianus colchicus, o "faisán da Cólquida".[2]

Especies e subespecies[editar | editar a fonte]

Na actualidade a práctica totalidade dos autores recoñecen no xénero dúas especies:[1]

Imaxe Nome científico Nome vulgar Distribución
A beutifull feazant in full glory searching food along the Rhine river - panoramio.jpg Phasianus colchicus Linnaeus, 1758 faisán común Asia
Phasianus versicolor in Japan.JPG Phasianus versicolor Vieillot, 1825 faisán verde Xapón

Do faisán común (P. colchicus) recoñécense até 30 subespecies, que forman cinco ou seis grupos distintos; un deles só se encontra na illa de Taiwán, na costa sur da China continental, e o resto no Continente asiático, chegando polo oeste até o Cáucaso. Algunhas subespecies introducíronse en Europa, América do Norte e outros lugares, onde se hibridaron e se aclimataron ben.

O faisán verde (P. versicolor) é unha especie endémica do Xapón que, segundo suxire o rexistro fósil, se separou hai uns 2,0-1,8 millónes de anos de P. colchicus.[3]

Rexistro fósil[editar | editar a fonte]

Encontráronse restos fósiles dun Phasianus en rochas do mioceno tardío en China. Polo tanto, como moitos outros xéneros de fasiánidos, esta liñaxe remóntase a máis de 5 millóns de anos.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Phasianus Linnaeus, 1758 no ITIS.
  2. pheasant no Online Etymology Dictionary.
  3. Lixun Zhang, Bei An,Niclas Backstrom, Naifa Liu (2013). "Phylogeography-Based Delimitation of Subspecies Boundaries in the Common Pheasant (Phasianus colchicus)". Biochem Genet. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]