Saltar ao contido

Peter Frampton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeter Frampton

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Peter Kenneth Frampton Editar o valor en Wikidata
22 de abril de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Bromley, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónRavens Wood School (en) Traducir
The Center for Early Education Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, compositor, compositor de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoA&M Records Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosMia Rose Frampton Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webframpton.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0289759 Allocine: 5858 Allmovie: p212228 IBDB: 90835
Facebook: PeterFrampton Twitter: peterframpton Instagram: mrpeterframpton MySpace: peterframpton BNE: XX876117 Souncloud: peterframpton Spotify: 0543y7yrvny4KymoaneT4W iTunes: 106848 Musicbrainz: 638206ee-0e3d-47cf-9769-d73330b15a87 Songkick: 486144 Discogs: 228859 Allmusic: mn0000320845 WikiTree: Frampton-299 Deezer: 2210 Genius: Peter-frampton Editar o valor en Wikidata

Peter Frampton , nado en Beckenham, Londres, o 22 de abril de 1950 é un músico británico coñecido polo seu traballo en solitario na década de 1970 como rockeiro de arena (rock orientado ao álbum). Con todo, fíxose famoso como membro de The Herd cando se converteu nun ídolo adolescente en Gran Bretaña. O seu álbum máis exitoso foi Frampton Comes Alive.

Carrreira

[editar | editar a fonte]

Frampton fíxose famoso por ser o primeiro guitarrista en utilizar a función de guitarra falada (talkbox), que sería utilizada anos máis tarde por Joe Walsh (Eagles), Slash (Guns n' Roses), Richie Sambora (Bon Jovi) e Dave Grohl (Foo Fighters). Despois pasou a traballar con Steve Marriott (de The Small Faces) na banda Humble Pie, así como en álbums de Harry Nilsson, Jerry Lee Lewis, George Harrison e Ringo Starr, con quen Peter ten unha forte amizade e admiración. O seu debut en solitario foi en 1972 con Wind of Change.

O avance en solitario de Frampton chegou con Frampton Comes Alive, seis veces disco de platino e que incluía os éxitos "Do You Feel Like We Do", "Baby, I Love Your Way" e "Show Me the Way".

Foi o álbum "en directo" máis vendido de todos os tempos. Despois do lanzamento do álbum de seguimento I'm in You, Frampton viuse implicado nun grave accidente de tráfico nas Bahamas. Mentres se recuperaba, actuou en 1978, cos Bee Gees, na película Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, un rotundo fracaso. Nos anos 80, Frampton volveu á gravación, pero só volveu ás listas mundiais con "Breaking all the rules".

Despois do atentado do World Trade Center en Nova York, Frampton decidiu converterse en cidadán estadounidense. Tomou un papel activo na campaña electoral de 2004 do candidato John Kerry.

Peter Frampton gañou o seu primeiro Grammy polo seu álbum totalmente instrumental "Fingerprints", lanzado a finais de 2007 e que conta con membros de Pearl Jam, Rolling Stones, Allman Brothers Band e outros.

En 2019 Peter Frampton anunciou que se retirará dos escenarios, tras ser diagnosticado de miosite corporal de inclusión, unha enfermidade muscular dexenerativa que, co paso do tempo, lle impedirá tocar a guitarra.[1]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • 1972 Wind of Change
  • 1973 Frampton's Camel
  • 1974 Somethin's Happening
  • 1975 Frampton
  • 1976 Frampton Comes Alive
  • 1977 I'm in You
  • 1979 Where I Should Be
  • 1980 Rise Up
  • 1981 Breaking All the Rules
  • 1982 The Art of Control
  • 1986 Premonition
  • 1989 When All the Pieces Fit
  • 1992 Shine On
  • 1994 Peter Frampton
  • 1995 Frampton Comes Alive II
  • 2000 Live in Detroit
  • 2003 Now
  • 2007 Fingerprints
  • 2010 Thank You Mr. Churchill
  • 2014 Hummingbird in a Box: Songs for a Ballet
  • 2016 Acoustic Classics
  • 2019 All Blues
  • 2021 Frampton Forgets the Words

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band
  • Almost Famous (Case famoso)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]