The Allman Brothers Band

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Allman Brothers Band
Orixe Macon, Xeorxia, Estados Unidos
Período 1969 - 1981
1990 - presente
Xénero(s) Blues rock
Southern rock, Rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s) Polydor
Arista
Epic Records
Membros Duane Allman (guitarra)
Gregg Allman (teclados, voz)
Dickey Betts (guitarra, voz)
Berry Oakley (baixo)
Butch Trucks (percusión)
Jai "Jaimoe" Johanny Johanson (percusión)
Web oficial www.allmanbrothersband.com

The Allman Brothers Band é un grupo musical de Macon (Xeorxia), descrito polo Salón da Fama do Rock como "os principais arquitectos do rock sureño".[1] O grupo formouse en 1969 e dous anos máis tarde George Kimball describíaos na revista Rolling Stone como a mellor banda de rock and roll que se creara en Estados Unidos nos últimos cinco anos.[2]

Obtivo once Discos de Ouro e cinco de Platino entre 1971 e 2005. Rolling Stone clasificou a The Allman Brothers no posto 52º na súa lista dos 100 artistas máis grandes de todos os tempos. O grupo segue en activo na actualidade.

Musicalmente, a Allman Brothers Band está considerada, canda Lynyrd Skynyrd, como banda seminal do Rock Sureño. O grupo destacou pola súa habilidade e coherencia instrumental, o seu estilo a medio camiño entre o blues, o blues rock e o jazz, e pola súa infinita capacidade colectiva para a improvisación, (jamming). Todas estas características son especialmente plausibles nos seus directos, ben exemplificadas no álbum At Fillmore East, onde improvisacións como "Whipping Post" superan os 20 minutos.

Historia[editar | editar a fonte]

A banda formouse en Jacksonville, Florida, o 26 de marzo de 1969. A formación orixinal estaba composta por Duane Allman (guitarras solistas e slide), Gregg Allman (voces e teclados), Dickey Betts (guitarras rítmicas e solistas, voces), Berry Oakley (baixo eléctrico), Butch Trucks (percusión) e Jai Johanny "Jaimoe" Johanson (percusión). Os irmáns Allman, Duane e Gregg, formaran inicialmente unha banda de garage chamada The Escorts, posteriormente formaron os Allman Joys e logo, The Hour Glass, nome co que fixeron dous álbums para a discográfica Liberty Records, ademais dun terceiro que non chegou a publicarse. O grupo foi liberado do contrato con Liberty a excepción de Gregg, pois a discográfica pensaba del que tiña un maior potencial comercial. Duanne Allman compatibilizou o seu traballo como músico de estudio para o álbum de Johnny Jenkins Ton-Ton Macoute!, onde pode oírse a primeira gravación dun solo de guitarra de Duanne, coa realización de jams con Dickey Betts, Butch Trucks e Berry Oakley en Jacksonville. Duanne meteu na banda a Jaimoe e, finalmente, chamou a seu irmán Gregg para completala.

The Allman Brothers Band recorreron o sur dos Estados Unidos realizando numerosas actuacións en directo antes de gravar o seu álbum de debut, The Allman Brothers Band. Este primeiro álbum obtivo a aclamación xeral da crítica especializada, aínda que en vendas estiveron escasos e unicamente chegaron aos seguidores de culto do blues rock. A maior parte do álbum estaba formado por pezas de clásico blues rock, pero destacaba pola súa importancia xerminal "Dreams", unha peza en compás 12/8 que proporcionaría a estrutura rítmica de moitas das súas actuacións en directo.

O seu segundo traballo, Idlewild South (1970), producido por Tom Down, obtivo un masivo éxito de crítica e unha considerable mellora nas vendas. Temas como "Revival" ou "Midnight Rider", cun son e duración máis aptos para a reprodución radiofónica, facilitaron a popularización da banda. Trala gravación deste álbum, Duanne participou na gravación do celebérrimo álbum de Derek and the Dominos Layla and Other Assorted Love Songs, o que aumentou a fama do grupo e facilitou o seu éxito en Europa.

O ano 1971 catapultou o grupo á altura das lendas do Rock. Durante os concertos que o grupo realizou na sala Fillmore East o 12 e 13 de marzo, gravouse a esencia do virtuosismo e capacidade de improvisación do grupo. Aquelas sesións quedaron rexistradas finalmente nun dobre álbum, At Fillmore East, incluído pola revista Rolling Stone dentro dos 500 mellores álbums de todos os tempos. At Fillmore East foi un vehículo de presentación mundial da rica mixtura de jazz, música clásica, hard rock e blues que eran os Allman Brothers Band.

1971 sería o mellor ano da historia do grupo de non ser pola desgraza que esperaba á volta da esquina: o 29 de outubro de 1971 falece Duane Allman nun accidente de motocicleta en Macon (Xeorxia). Duane fora o fundador, líder e principal artífice da mixtura de sons do grupo. Este virtuoso guitarrista, famoso polo seu toque de guitarra slide, será recordado ademais pola súa participación no disco de Eric Clapton Layla and Other Assorted Love Songs (1970). Lynyrd Skynyrd adicaríalle a canción Free Bird.

Un ano despois, o 11 de novembro de 1972, o baixista Berry Oakley tamén morría en accidente de motocicleta non moi lonxe de onde o fixera Duane, aínda que Berry non morreu no acto, pois tras o accidente negouse a recibir asistencia médica e morreu poucas horas despois dunha hemorraxia cerebral.

Ambos músicos están soterrados en tumbas contiguas no cemiterio de Macon (Xeorxia) onde o grupo compuxo algúns dos seus primeiros temas como "In Memory of Elisabeth Reed" ou "Little Martha", títulos que sacaron de dúas lápidas do dito camposanto.

A morte do guitarrista e líder do grupo, e a posterior do seu compañeiro, non puxo fin á carreira do grupo que colleitou aínda importantes éxitos con posterioridade con temas como o instrumental "Jessica", que apareceu no disco Brothers and Sisters, de 1973, onde aínda tocaba Oakley nalgúns temas. A banda continuou sacando periodicamente traballos até 1981 e, tras case unha década de descanso, reapareceron en 1990 co álbum Seven turns.

Algúns dos seus membros seguen activos en Gov´t Mule, tamén facendo blues rock.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • The Hour Glass. THE HOUR GLASS. (Febreiro de 1968)
  • Power Of Love. THE HOUR GLASS. (Agosto de 1968)
  • The Allman Brothers Band. Atco (Novembro de 1969) - POP #188
  • Idlewiln South. Atco (Novembro de 1970) - POP #38
  • At Fillmore East (ao vivo, gravado o 12 de marzo de 1971 en Nova York). Capricorn (xullo de 1971) - POP #13
  • Eat A Peach. Capricorn (parte en vivo, parte en estudio) (Febreiro de 1972) - POP #4
  • Duane & Gregg Allman (gravado en 1968). Bold (Abril de 1972) - POP #129
  • An Anthology (recopilación), c/ Duane ALLMAN. Capricorn (Decembro de 1972) - POP #28
  • Beginnings (reedición dos seus 2 primeiros álbums). Capricorn (Marzo de 1973) - POP #25
  • Brothers And Sisters. Capricorn (Agosto de 1973) - POP #1, UK #42
  • Early Allman (gravado en 1966), c/ ALLMAN JOYS. Dial (Outubro de 1973) - POP #171
  • Laid Back, c/ Greg ALLMAN. Capricorn (Novembro de 1973) - POP #13
  • An Anthology, Vol. 2 (recopilación), c/ Duane ALLMAN. Capricorn (Xullo de 1974) - POP #49
  • Gregg Allman Tour (directo, gravado no Carnegie Hall e o Capitol Theater en New Jersey), c/ Greg ALLMAN. Capricorn (Novembro de 1974) - POP #50
  • Win, Lose Or Draw. Capricorn (Setembro de 1975) - POP #5
  • The Road Goes On Forever (recopilación). Capricorn (Decembro de 1975) - POP #43, UK #54
  • Wipe The Windows, Check The Oil, Dollar Gas (demos, rarezas gravadas en vivo). Capricorn (Decembro de 1976) - POP #75
  • Playin' Up A Storm, c/ Greg ALLMAN BAND. Capricorn (Xuño de 1977) - POP #42
  • Enlightened Rogues. Capricorn (Febreiro de 1979) - POP #9
  • The Best Of Duane Allman (recopilación), c/ Duane ALLMAN. Capricorn (Setembro de 1979)
  • Reach For The Sky. Arista (Agosto de 1980) - POP #27
  • Brothers Of The Road. Arista (Agosto de 1981) - POP #44
  • The Best Of The Allman Brothers Band (recopilación). Capricorn (Novembro de 1981) - POP #189
  • I'm No Angel, c/ Greg ALLMAN BAND. Epic (Febreiro de 1987) - POP #30
  • Just Before The Bullets Fly, c/ Greg ALLMAN BAND. Epic (Agosto de 1988) - POP #117
  • Dreams (recopilación 6xlp/4xcd). Polydor (Xullo de 1989) - POP #103
  • Seven Turns. Epic (Xullo de 1990) - POP #53
  • Live At Ludlow Garage 1970 (en vivo). Polydor (Xullo de 1990)
  • Shades Of Two Worlds. Epic (Xullo de 1991) - POP #85
  • A Decade Of Hits, 1969-1979 (recopilación). Polydor (Novembro de 1991)
  • An Evening With The Allman Brothers Band (en vivo). Epic (Xuño de 1992) - POP #80
  • The Fillmore Concerts (en vivo). Polydor (Marzo de 1993)
  • Where It All Begins. Epic (Xullo de 1994) - POP #45
  • Hell & High Water (The Best Of The Arista Years). RCA (Setembro de 1994)
  • 2nd Set - An Evening With The Allman Brothers Band (en vivo). Epic (Maio de 1995) - POP #88
  • Hittin' The Note. Peach (Marzo de 2003) - POP #37
  • One Way Out: Live At The Beacon Theatre (en vivo). Sanctuary (Marzo de 2004) - POP #190

POP: Billboard 200 Album Chart; UK: UK Album Chart

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "Heartbeat / Nothing But Tears", c/ THE HOUR GLASS. Liberty (Febreiro de 1968)
  • "Power Of Love / I Still Want Your Love", c/ THE HOUR GLASS. Liberty (Xullo de 1968)
  • "Changing Of The Guard / D-I-V-O-R-C-E", c/ THE HOUR GLASS. Liberty (Setembro de 1968)
  • "Going Nowhere / She's My Woman", c/ THE HOUR GLASS. Liberty (Novembro de 1968)
  • "Now Is The Time / She's My Woman", c/ THE HOUR GLASS. Liberty (Decembro de 1968)
  • "I've Been Trying / Silently", c/ THE HOUR GLASS. Liberty (Febreiro de 1969)
  • "In The Morning When I'm Real / Porcelain Mirrors", c/ 31st FEBRUARY (sen publicar)
  • "Black Hearted Woman / Every Hungry Woman", Atco (Marzo de 1970)
  • "Revival (Love Is Everywhere) / Leave My Blues At Home", Atco (Novembro de 1970) - POP #92
  • "Midnight Rider / Whipping Post", Atco (Marzo de 1971)
  • "Ain't Wastin' Time No More / Melissa", Capricorn (Abril de 1972) - POP #77
  • "Melissa / Blue Sky", Capricorn (Xullo de 1972) - POP #86
  • "One Way Out / Stand Back", Capricorn (Novembro de 1972) - POP #86
  • "Ramblin' Man / Pony Boy", Capricorn (Agosto de 1973) - POP #2
  • "Midnight Rider / Multicolored Lady", c/ Gregg ALLMAN. Capricorn (Decembro de 1973) - POP #19
  • "Jessica / Wasted Words", Capricorn (Xaneiro de 1974) - POP #65
  • "Please Call Home / Don't Mess Up A Good Thing", c/ Gregg ALLMAN. Capricorn (Marzo de 1974)
  • "Don't Mess Up A Good Thing / Midnight Rider", c/ Gregg ALLMAN. Capricorn (Outubro de 1974) - POP #106
  • "Nevertheless / ..... - POP #67

..../ Louisiana Lou And Three Card Monty John", Capricorn (Setembro de 1975) - POP #78

  • "Crazy Love / It Just Ain't Easy", Capricorn (Marzo de 1979) - POP #29
  • "Can't Take it With You / Sail Away", Capricorn (Xuño de 1979) - POP #105
  • "Angeline / So Long", Arista (Agosto de 1980) - POP #58
  • "Mystery Woman / Hell Or High Water", Arista (Xaneiro de 1981)
  • "Straight From The Heart / Leaving", Arista (Agosto de 1981) - POP #39, ROK #11
  • "Two Rights / Never Knew How Much", Arista (Novembro de 1981)
  • "I'm No Angel / Lead Me On", c/ Gregg ALLMAN BAND. Epic (Marzo de 1987) - POP #49
  • "Can't Keep Running / Anything Goes", c/ Gregg ALLMAN BAND. Epic (Xullo de 1987)
  • "Evidence Of Love / Anything Goes", c/ Gregg ALLMAN BAND. Epic (Setembro de 1987)
  • "Slip Away / Every Hungry Woman", c/ Gregg ALLMAN BAND. Epic (Abril de 1989)
  • "Good Clean Fun / Seven Turns", Epic (Xullo de 1990) - ROK #1
  • "Seven Turns / Let Me Ride", Epic (Setembro de 1990) - ROK #12
  • "It Ain't Over Yet", Epic (Decembro de 1990) - ROK #26
  • "End Of The Line", Epic (Xullo de 1991) - ROK #2
  • "Bad Rain", Epic (Setembro de 1991) - ROK #42
  • "No One To Run With", Epic (Maio de 1994) - ROK #7
  • "Firing Line", Peach (Abril de 2003) - ROK #37

POP: Billboard Singles Chart; ROK: Billboard Mainstream Rock Tracks; UK: UK Singles Chart- ROK #12

Membros[editar | editar a fonte]

O grupo, inicialmente capitaneado polos irmáns Allman, pasou a estar capitaneado por Greg Allman trala tráxica morte do irmán. Desde a súa creación en 1969, o grupo sempre tivo unha estrutura estable de catro ou cinco dos membros orixinais do grupo e, co paso dos anos, fóronse incorporando outros músicos como reemprazo ou complemento dalgún dos orixinais integrantes de The Allman Brothers Band. A continuación referéncianse as diferentes formacións que deron corpo a The Allman Brothers Band.

Integrantes do grupo por etapas[editar | editar a fonte]

1969-1971[editar | editar a fonte]
Duane Allman.
  • Gregg Allman - teclados, piano, guitarra, voz
  • Duane Allman - guitarra, guitarra-slide
  • Dickey Betts - guitarra, guitarra-slide, voz
  • Berry Oakley - baixo, voz
  • Butch Trucks - batería, timbais
  • Jai Johanny "Jaimoe" Johanson - batería, percusión
1971-1972[editar | editar a fonte]
  • Gregg Allman - teclados, piano, guitarra, voz
  • Dickey Betts - guitarra, guitarra-slide, voz
  • Berry Oakley - baixo, voz
  • Butch Trucks - batería, timbais
  • Jai Johanny "Jaimoe" Johanson - batería, percusión
1972[editar | editar a fonte]
  • Gregg Allman - teclados, piano, guitarra, voz
  • Dickey Betts - guitarra, guitarra-slide, voz
  • Berry Oakley - baixo, voz
  • Butch Trucks - batería, timbais
  • Jai Johanny "Jaimoe" Johanson - batería, percusión
  • Chuck Leavell - piano, sintetizadores, segundas voces
1972-1976[editar | editar a fonte]
  • Gregg Allman - teclados, piano, guitarra, voz
  • Dickey Betts - guitarra, guitarra-slide, voz
  • Butch Trucks - batería, timbais
  • Jai Johanny "Jaimoe" Johanson - batería, percusión
  • Chuck Leavell - piano, sintetizadores, segundas voces
  • Lamar Williams - baixo, voz
1978-1980[editar | editar a fonte]
  • Gregg Allman - teclados, piano, guitarra, voz
  • Dickey Betts - guitarra, guitarra-slide, voz
  • Butch Trucks - batería, timbais
  • Jai Johanny "Jaimoe" Johanson - batería, percusión
  • Dan Toler – Guitarra
  • David Goldflies - Baixo
1980-1982[editar | editar a fonte]
  • Gregg Allman - teclados, piano, guitarra, voz
  • Dickey Betts - guitarra, guitarra-slide, voz
  • Butch Trucks - batería, timbais
  • Dan Toler – Guitarra
  • David Goldflies – Baixo
  • David Toler – Batería.
  • Mike Lawler – Teclados.
1989-1990[editar | editar a fonte]
  • Gregg Allman - teclados, piano, guitarra, voz
  • Dickey Betts - guitarra, guitarra-slide, voz
  • Butch Trucks - batería, timbais
  • Jai Johanny "Jaimoe" Johanson - batería, percusión
  • Warren Haynes - Guitarra, guitarra-slide, voz
  • Allen Woody - baixo, segundas voces.
  • Johnny Neel – teclados, harmónica.
1991-1997[editar | editar a fonte]
  • Gregg Allman - teclados, piano, guitarra, voz
  • Dickey Betts - guitarra, guitarra-slide, voz
  • Butch Trucks - batería, timbais
  • Jai Johanny "Jaimoe" Johanson - batería, percusión
  • Warren Haynes - Guitarra, guitarra-slide, voz
  • Allen Woody - baixo, segundas voces.
  • Marc Quinones - batería, percusión, segundas voces.
1997-1999[editar | editar a fonte]
  • Gregg Allman - teclados, piano, guitarra, voz
  • Dickey Betts - guitarra, guitarra-slide, voz
  • Butch Trucks - batería, timbais
  • Jai Johanny "Jaimoe" Johanson - batería, percusión
  • Marc Quinones - batería, percusión, segundas voces.
  • Oteil Burbridge - baixo, voces.
  • Jack Pearson - guitarra, voces.
1999-2000[editar | editar a fonte]
  • Gregg Allman - teclados, piano, guitarra, voz
  • Dickey Betts - guitarra, guitarra-slide, voz
  • Butch Trucks - batería, timbais
  • Jai Johanny "Jaimoe" Johanson - batería, percusión
  • Marc Quinones - batería, percusión, segundas voces.
  • Oteil Burbridge - baixo, voces.
  • Derek Trucks - guitarra, guitarra-slide.
2000[editar | editar a fonte]
  • Gregg Allman - teclados, piano, guitarra, voz
  • Butch Trucks - batería, timbales
  • Jai Johanny "Jaimoe" Johanson - batería, percusión
  • Marc Quinones - batería, percusión, segundas voces.
  • Oteil Burbridge - baixo, voces.
  • Derek Trucks - guitarra, guitarra-slide.
  • Jimmy Herring – guitarra
2001-actualidade[editar | editar a fonte]
  • Gregg Allman - teclados, piano, guitarra, voz
  • Butch Trucks - batería, timbais
  • Jai Johanny "Jaimoe" Johanson - batería, percusión
  • Warren Haynes - guitarra, guitarra-slide, voces.
  • Marc Quinones - batería, percusión, segundas voces.
  • Oteil Burbridge - baixo, voces.
  • Derek Trucks - guitarra, guitarra-slide.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rock and Roll Hall of Fame
  2. At Fillmore East review, por George Kimball (Rolling Stone, 19 de agosto de 1971).