Saltar ao contido

Eagles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eagles
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Eagles (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Eagles (mul) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
1971 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1971 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF139561748 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000115265624 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0mjn2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm1478123 Facebook: EaglesBand Twitter: TheEaglesBand Instagram: eagles MySpace: eaglesmusic Youtube: UC49r4GNHHpc-eQ9hmD2Rg6A Vimeo: eaglesband Souncloud: eaglesofficial Spotify: 0ECwFtbIWEVNwjlrfc6xoL Apple Music: 1053549 Last fm: Eagles Musicbrainz: f46bd570-5768-462e-b84c-c7c993bbf47e Songkick: 556496 Discogs: 255680 Allmusic: mn0000144847 Deezer: 210 Genius: Eagles Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Eagles é unha banda de rock estadounidense que se deu a coñecer en orixe nos Ánxeles (California) a principios da década de 1970.

A historia de Eagles comeza cando Glenn Frey (cantante, guitarrista e compositor) e o seu amigo Don Henley (batería e cantante) únense á banda que acompañaba a Linda Rondstand na gravación do seu disco "Silk Purse". Tras dous anos de colaborar con devandita banda, ambos deciden abandonala para crear o seu propio grupo. Para iso invitan aos músicos Bernie Leadon (corda) e Randy Meisner (baixo) a participar no proxecto. A eles uníronselles posteriormente Joe Walsh (guitarra e coros), Don Felder (guitarra) e Timothy B. Schmit (baixo).

Inicialmente a súa música era un híbrido entre música country e instrumentación bluegrass enxertadas en harmonías do Surf rock californiano, e producindo baladas sensibles e música lixeira de aroma country e pop rock con letras que falaban de coches, relacións e vidas sen rumbo. Os inventores deste xénero foron cantautores dotados, entre eles Gram Parsons, Jackson Browne, J.D. Souther, e Warren Zevon. Os Eagles encaixaron o espírito do cantautor no marco dun grupo, cunha marcada énfase nos arranxos e na mestría musical, e o son inicial do grupo chegou a ser sinónimo do country rock do sur de California. En álbums posteriores o grupo prescindiu da instrumentación bluegrass e gravitou cara a un son claramente máis rock.

Eagles debutaron en 1972, rescatando o son sureño, mesturándoo cun exquisito toque de guitarra e un toque de rock un tanto suave, ademais de pinceladas de country e western. O primeiro álbum de Eagles foi "Take it easy", cuxo primeiro sinxelo levaba o mesmo nome.

O terceiro álbum de Eagles apareceu en 1975 baixo o título de "On the Border", no que destacou a balada "The best of my love", que chegou ao número un nas listas. O seguinte traballo da banda foi "One of These Nights", que plasmaba a desilusión da mocidade estadounidense a mediados da década dos setenta. Tras as presións para a publicación deste disco, Bernie Leadon abandonou os Eagles, sendo substituído por Joe Walsh, quen introduciu na banda un maior peso do rock.

En 1976 Eagles publica o seu mellor álbum e o máis vendido. O título era "Hotel California", que terminou de catapultar aos Eagles á cima da fama e co que gañaron un Grammy. En "Hotel California" os Eagles achegan a súa visión agridoce da sociedade estadounidense a través das fiestras dun hotel que representa metaforicamente o mundo das drogas. "Hotel California" é un dos discos máis vendidos da historia e o seu tema estrela e que lle dá título foi recoñecida como unha das mellores cancións, e aínda hoxe en día segue aparecendo nas listas das 10 cancións máis importantes da historia da música. Dese álbum extraeuse unha frase que pasou a formar parte da linguaxe popular estadounidense: "vivir na vía rápida" (Life in the fast lane). Tras a aparición de "Hotel California" Randy Meisner abandonou a banda, sendo substituído por Timothy Schmit.

O sexto álbum levaba o título de "The Long Run", e supuxo a ruptura da formación. O disco resultou un éxito, con temas como "Heartache Tonight," "The Long Run" e "I Can't Tell You Why", pero os membros da banda xa decidiran o seu futuro. Corría o ano 1980. Don Henley, Glenn Frey e Joe Walsh iniciaron carreiras en solitario.

En 1994, tras catorce anos de separación, os Eagles deciden unirse de novo para seguir tocando. O seu primeiro traballo desta nova época é o álbum "Hell Freezes Over, con catro novos temas e 11 éxitos anteriores.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudo

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Eagles1972Asylum Records
Desperado1973Asylum Records
On the Border1974Asylum Records
One of These Nights1975Asylum Records
Hotel California1976Asylum Records
The Long Run1979Asylum Records
Long Road Out of Eden2007ERC

Recompilatorios e discos en directo

[editar | editar a fonte]
  • Their Greatest Hits (1971-1975) (1976)
  • Eagles Live (1980)
  • The Eagles Greatest Hits, Vol. 2 (1982)
  • The Best of the Eagles (1984)
  • The Very Best of The Eagles (1994)
  • Hell Freezes Over (live album) (1994)
  • Selected Works: 1972-1999 (box set, 2000)
  • The Very Best of the Eagles (2001)
  • The Very Best of the Eagles (2003)