Peter Abrahams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter Abrahams
Peter Abrahams.jpg
Nome completoPeter Henry Abrahams Deras
Nacemento19 de marzo de 1919 e 1919
Lugar de nacementoVrededorp, Gauteng
Falecemento18 de xaneiro de 2017
Lugar de falecementoSaint Andrew
NacionalidadeSuráfrica
Ocupaciónescritor, xornalista, Editor-chefe, poeta, xornalista de opinión e editor colaborador
Coñecido porMine Boy
PremiosGold Musgrave Medal e Ordem da Jamaica
Na rede
Discogs: 3999767 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Peter Abrahams, nado en 1919 en Vrededorp, suburbio de Xohanesburgo, é un escritor surafricano en lingua inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai etíope e nai mestiza franco-africana a súa infancia estivo marcada pola morte de seu pai, tivo que se poñer a traballar nos máis diversos oficios ao tempo que estudaba. Comezou a publicar versos en Bantu World de moi novo. Deixou Suráfrica en 1939, traballando primeiro como mariñeiro e logo como xornalista en Londres, antes de se asentar en Xamaica en 1956.

Actualmente reside en Cape Cod, Massachusetts, Estados Unidos.

A súa obra está marcada pola situación política e social de Suráfrica, en especial pola situación xerada polo apartheid.

Obra[editar | editar a fonte]

1940 Here, Friend, poesía
1941 A Blackman Speaks of Freedom, poesía
1942 Dark Testament, colección de historias curtas
1945 Song of the City, novela
1946 Mine Boy, novela
1948 The Path of Thunder
1950 Wild Conquest, novela histórica.
1953 Return to Goli, ensaio
1954 Tell Freedom, autobiografía
1956 A Wreath for Udomo, novela
1965 A Night of Their Own, novela
1966 This Island Now, novela
1985 The View from Coyoba, novela