Saltar ao contido

Pepe Miñones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPepe Miñones

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) José Miñones Bernárdez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de maio de 1900 Editar o valor en Wikidata
Corcubión, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Campo da Rata, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
23 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: A Coruña
Deputado nas Cortes republicanas
7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: A Coruña
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, político, empresario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Radical Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiManuel Miñones Barros Editar o valor en Wikidata

BUSC: minones-bernandez-jose-1900-1936 WikiTree: Miñones-1 Nomes e Voces: 3464

José Miñones Bernárdez, coñecido como Pepe Miñones, nado en Corcubión o 1 de maio de 1900 e finado na Coruña o 2 de decembro de 1936, foi un avogado, empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Miñones Barros. Estudou Dereito na Universidade de Madrid e rematou a carreira na USC. Creou o Partido Socialista Agrario en Corcubión. Loitou polo ferrocarril, a redención de foros, o agrarismo e a educación. Fundou en Corcubión a revista Nerio (1920), na Coruña o semanario Región Gallega (1924) e Finis Terre, e foi propietario do xornal La Provincia de Úbeda (1928).[1] Foi promotor e principal accionista da Electra Popular Coruñesa e de Hidroeléctrica La Loma. Militante do Partido Republicano Radical, foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1933. Seguidor de Martínez Barrio, pasou con el ao Partido Radical Demócrata e despois a Unión Republicana. Volveu ser elixido deputado nas eleccións xerais de 1936 nas candidaturas da Fronte Popular, pola mesma circunscrición.

José Miñones Bernárdez, retrato en Vida Gallega, 1934.

Ao iniciarse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos sublevados na Coruña, encarcerado e condenado a morte e ao pago dunha multa dun millón de pesetas. Ademais fóronlle incautadas todas as súas empresas, incluída Electra Popular Coruñesa, que foi entregada ao simpatizante franquista Pedro Barrié de la Maza, que a fusionou coa súa Fábrica de Gas y Electricidad, dando lugar a Fenosa e obtendo así o monopolio do mercado eléctrico en Galicia.

Foi fusilado no Campo da Rata o 2 de decembro de 1936.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1927 con María del Pilar Vilas Durán, filla de Ramón Vilas González.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]