Saltar ao contido

Peneidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Penaeidae»)
Peneidos
Penaeidae
Constantine Samuel Rafinesque 1815 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
ClaseMalacostraca
OrdeDecapoda
SuperfamiliaPenaeoidea
FamiliaPenaeidae Editar o valor en Wikidata
Rafinesque, 1815 Penaeidae Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/06tws0 Editar o valor en Wikidata
MeSHD033561 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776911630 Editar o valor en Wikidata
ITIS95602 Editar o valor en Wikidata
OTT212711 Editar o valor en Wikidata
EOL46501900 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A dos peneidos (Penaeidae) é unha familia de crustáceos da orde dos decápodos que inclúe, entre outras, varias especies de importancia económica, como a gamba xigante (Penaeus monodon), a gamba de patas brancas (Litopenaeus vannamei), a gamba branca do Atlántico (Litopenaeus setiferus), a gamba branca (Parapenaeus longirostris) e a gamba da India (Fenneropenaeus indicus).

Estas gambas son obxecto de intensa pesca comercial e tamén produtos da acuicultura en ambientes mariños e dulciacuícolas.

Características

[editar | editar a fonte]

Presentan un rostro ben desenvolvido e dentado, que se estende até máis alá dos pedúnculos dos ollos; casaca con sucos cervicais curtos, que non chegan á liña media dorsal; últimos dous pares de pereiópodos ben desenvolvidos; terceiro e cuarto pares de pleópodos birrámeos; endópodos do segundo par de pleópodos birrámeos; endópodos do segundo par de pleópodos dos machos transformados nun apéndice copulador masculino; telson afiado e unha única artrobranquia ben desenvolvida no penúltimo segmento do tórax.[1]

Teñen podobranquias no segundo par de maxilípedos e unha escama antenular interna.[2]

Algunhas especies presentan órganos sensoriais sobre as antenas, a maneira de liña lateral.[3]

As neuronas xigantes mielinizadas dos peneidos peláxicos teñen o récord mundial de velocidade de condución do impulso con respecto a calquera outro animal, 210 m/s (756 km/h).[4]

Xéneros actuais

[editar | editar a fonte]

Describíronse 48 xéneros na familia dos peneidos, 23 dos cales só con representantes fósiles.[5] [6]

Litopenaeus stylirostris.
Parapenaeus longirostris.
Penaeus japonicus.
  1. Carpenter, Kent E. (2002): Penaeidae en The Living Marine Resources of the Western Central Atlantic, Volume 1 "Introduction, molluscs, crustaceans, hagfishes, sharks, batoid fishes and chimaeras". FAO.
  2. "Història Natural dels Països Catalans";Enciclopèdia Catalana, Vol 9, "Artròpodes I", pp. 343.
  3. Denton, E. J. and John Gray (1985): "Lateral-line-like antennae of certain of the Penaeidea (Crustacea, Decapoda, Natantia)", Proceedings of the Royal Society B 226 (1244): 249–261
  4. Hsu K. e Terakawa S. (1998): "Fenestration in the myelin sheath of nerve fibers of the shrimp: A novel node of excitation for saltatory conduction", Journal of Neurobiology 30 (3): 397–409
  5. Penaeidae Rafinesque, 1815 no SIIT.
  6. Grave, Samy De et al. (2009): "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" Arquivado 06 de xuño de 2011 en Wayback Machine., Raffles Bulletin of Zoology 21: 1–109.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]