Penaeus
Penaeus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Penaeus monodon | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
Penaeus é un xénero de crustáceos decápodos mariños, o tipo da familia dos peneidos, que comprende, entre outras, a especie Penaeus monodon, o lagostino tigre, o máis importante dos crustáceos cultivados.
O xénero foi recentemente reorganizado seguindo a proposición de Pérez Farfante e Kensley, baseada en diferenzas morfolóxicas, en particular dos caracteres xenitais.[2] aínda que esta revisión non é universalmente aceptada.[3]
Seguindo esta revisión, moitas especies anteriormente incluídas no xénero Penaeus foron situadas en novos xéneros da familia dos peneidos: Farfantepenaeus, Fenneropenaeus, Litopenaeus e Marsupenaeus.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Penaeus Fabricius, 1798 no SIIT.
- ↑ 2,0 2,1 Isabel Pérez Farfante & Brian Frederick Kensley (1997). Penaeoid and Sergestoid Shrimps and Prawns of the World: Keys and Diagnoses for the Families and Genera. Muséum national d'histoire naturelle. Mémoires du Muséum national d'histoire naturelle 175. pp. 1–233. ISBN 9782856535103.
- ↑ Patsy A. McLaughlin, Rafael Lemaitre, Frank D. Ferrari, Darryl L. Felder & R. T. Bauer (2008). "Letter to the Editor: A reply to T. W. Flegel" (PDF). Aquaculture 275: 370–373. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de maio de 2012. Consultado o 23 de outubro de 2013.