Pedro Blanco de Crespo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pedro Blanco Iglesias»)
Pedro Blanco de Crespo
Nacemento1843
Lugar de nacementoDonramiro
Falecemento1905
Lugar de falecementoCuntis
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfuncionario, político, escritor e xornalista
PaiJosé Crespo Villar
FillosRoberto Blanco Torres
Na rede
Galiciana: 8233
editar datos en Wikidata ]

Pedro Blanco Iglesias, coñecido como Pedro Blanco de Crespo, nado en Donramiro (Lalín) en 1843 e finado en Cuntis en 1905, foi un funcionario, político e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo natural de María Blanco Iglesias e José Crespo Villar quen non o recoñeceu pero si o protexeu. Fixo a carreira eclesiástica no Seminario de Lugo. Nunha das visitas ao seu tío Vicente Crespo Villar, párroco de Santa María de Troáns (Cuntis) coñeceu á mestra Carmen Torres Fuentes e xa ordenado, decidiu renunciar ao sacerdocio para casar con ela. Casaron en 1872 e instaláronse en Cuntis. Foi alcaide na aduana de Santander de 1872 a 1874. A partir de 1874 foi secretario do Xulgado de Cuntis e foi nomeado notario público do arciprestado de Moraña en 1896.[1] Próximo a Emilio Castelar e Eugenio Montero Ríos, organizou en Cuntis o Comité Republicano. Colaborou en La Oliva,[2] La Concordia, El Heraldo Gallego, El Diario de Santiago, El Correo Gallego, Gaceta de Galicia, El Eco de Galicia, El Eco de Tambo, La Razón, La Opinión, El Diario, El Miño e Noticiero de Vigo.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La loca de Guimarey.
  • El castillo de Briones.
  • Ensayos literarios.
  • Los misterios de un roble.
  • El carballo do norte.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Torres Fuentes en 1872 e foi pai de Enriqueta, Segismundo, Esmeralda, Germán, Corina, Mario, Leonor, Nuño e Roberto Blanco Torres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Galicia, 15-10-1896, p. 2.
  2. El Derecho, 24-7-1870, p. 1-2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]