Saltar ao contido

Pedionomus torquatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pedionomus torquatus

Pedionomus torquatus femia

Pedionomus torquatus macho
Pedionomus torquatus macho

Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Scolopaci
Familia: Pedionomidae
Bonaparte, 1856
Xénero: Pedionomus
Gould, 1841
Especie: P. torquatus
Nome binomial
Pedionomus torquatus
Gould, 1841

Pedionomus torquatus é unha especie de ave da orde dos caradriformes, suborde dos escolopacios, a única representante da familia dos pedionómidos, e do seu único xénero, Pedionomus.[2]

Endémica do sueste de Australia, encóntrase en perigo de extinción.[1] A maior parte da súa poboación actual encóntrase na rexión da Riverina, en Nova Gales do Sur.[3][4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descricións

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1856 polo naturalista, político e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte.

O xénero e máis a especie foran descritas en 1841 polo naturalista e ornitólogo inglés John Gould.

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

O nome científico da familia, Pedionomidae, está formado, segundo a norma, sobre a base Pedionom- raíz do nome do xénero Pedionomus, coa adición do sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.

O nome científico do xénero, Pedionomus, está tirado do grego antigo πεδίονομος pedíonomos, "habitante das chairas con prados", termo formado polos elementos πεδί pedi-, de πεδίον pedíon "chan", "chaira" e -νομος -nomos, de νομός nomós, "prado".[5]

O epíteto específico, torquatus, deriva do adxectivo latino torquatus, -a, -um. Literalmente, "adornado cun colar", de torquēs, -is, colar + -atus.[6]

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

Esta ave australiana, antes considerada unha especie dos turnícidos, é unha limícola emparentada cos tinocóridos de Suramérica.[7]

Características

[editar | editar a fonte]

Pedionomus torquatus é unha ave terrestre parecida aos paspallás, que mide entre 15 e 19 cm de lonxitude. É unha ave tan atípica que se sitúa nunha familia propia. O macho adulto é de cor parda clara nas partes superiores, coas inferiores de cor branca leonada e con media lúa negra. A femia adulta é sustancialmente máis grande que o macho, e prsenta un distintivo colar negro con manchas brancas. Teñen un excelente camuflaxe e escóndense rapidamente ante calquera perturbación.
De achegarese demasiado a eles, correrán en lugar de voar. As femias poñen catro ovos, que incuba o macho.[8]

O cultivo de pastos autóctonos extinguiu practicamente as especies do sur de Australia Meridional e de Victoria, e está aumentando no norte de Victoria e na Riverina de Nova Gales do Sur.[3][4] Aínda que se deixe recuperar o hábitat seguirá sendo inadecuado durante décadas; porén, cunha xestión adecuada, os espécimes de Pedionomus torquatus poderían regresar talvez dentro de 20 anos.[9] Onde sobreviven, moitas veces son demasiado poucos e están dispersos para poderse reproduciren axeitadamente. Os altos niveis de pastoreo provocan a súa desaparición, posibelmente porque as aves fanse vulnerábeis aos depredadores,[10] O pastoreo insuficiente despois das precipitacións xeneralizadas e do crecemento da herba tamén provocará o abandono de prados que se fan demasiado densos para esta especie das chairas.[10]. Os pesticidas para o control da lagosta poden matar as aves, directa ou indirectamente, a través da cadea alimentaria.[11] Outras ameazas potenciais para a especie inclúen a depredación por raposos e especies nativas, a falta de réximes de queima adecuados, a plantación de árbores en prados ou preto deles, os incendios forestais, os cazadores de paspallás disparándolles por erro e o cambio climático, incluíndo eventos climáticos extremos como a seca (que parece ter un grande impacto na especie) e as inundacións, que dificultan a xestión do hábitat e poden dificultar a recuperación da poboación.[1]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten un pequeno tamaño de poboación, que comprende menos de 1 000 individuos maduros, e a perda e degradación do seu hábitat de pradarías continúa e as aves abandonan sitios que xa non son axeitados. Por estes motivos o seu status está avaliado como CR (en perigo crítico de extinción).[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2022): Pedionomus torquatus na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Condultada o 11 de setembro de 2022.
  2. Pedionomus torquatus Gould, 1841 no GBIF. Consultado o 10 de setembro de 2022.
  3. 3,0 3,1 Garnett, S. T.; Szabo, J. K. & Dutson, G. (2011): The Action Plan for Australian Birds 2010. Collingwood: CSIRO Publishing. ISBN 978-0-6431-0368-9.
  4. 4,0 4,1 Parker, D., Nugent, D., Baker-Gabb, D. G., Antos, M. & Garnett, S. T. (2021): "Plains-wanderer Pedionomus torquatus". En: S. T. Garnett & G. B. Baker, eds. The Action Plan for Australian Birds 2020. Melbourne: CSIRO Publishing. ISBN 978-1-4863-1190-3, pp. 257-259.
  5. Pedionomus no Merriam-Webster Dictionary.
  6. torquate no Merriam-Webster Dictionary.
  7. plains-wanderer na Enciclopedia Británica.
  8. Archibald, George W. (1991): "Pedionomus torquatus" en Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. London: Merehurst Press. ISBN 978-1-8539-1186-6, p. 101.
  9. Antos, M. (2014): Northern Plains Grassland Fauna Surveys at Terrick Terrick National Park. July 2013-June 2014. Progress Report. Melbourne: Parks Victoria.
  10. 10,0 10,1 Baker-Gabb, D., Antos, M. & Brown G. (2016): "Recent decline of the critically endangered Plains-wanderer (Pedionomus torquatus), and the application of a simple method for assessing its cause: changes in grassland structure". Ecological Management and Restoration 17 (3): 235-242.
  11. Commonwealth of Australia (2016): National Recovery Plan for the Plains-wanderer (Pedionomus torquatus) Camberra: Goberno de Australia. Department of the Environment.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]