Pazo de Fontefiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Fontefiz
ConcelloColes
ProvinciaOurense
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°25′45″N 7°50′05″O / 42.429205, -7.834728Coordenadas: 42°25′45″N 7°50′05″O / 42.429205, -7.834728
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

O Pazo de Fontefiz, na parroquia de Ucelle, concello de Coles, é un pazo de estilo barroco que data dos séculos XVI, XVII e XVIII, sendo lugar patrucial dunha das máis ilustres casas nobiliarias de Galicia.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Fachada principal.

O seu derradeiro solariego, Pedro Ventura de Puga[2] (deputado en varias lexislaturas, procurador en cortes en 1835 e vocal e secretario da Xunta Superior do Reino de Galicia), destacou polo seu labor de fomento e renovación da agricultura e gandería galegas, converténdose así nun predecesor da actividade á que máis tarde se adicaría o pazo.[3]

Na actualidade, Fontefiz é un centro de recuperación de gando autóctono, o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, no que se levan a cabo experiencias gandeiras de selección coas especies de vacún como a caldelá, limiá, vianesa e cachena.

Nas súas 68 hectáreas de superficie, prodúcense alimentos para o sostemento das cabezas de gando nas distintas fases produtivas.

No ano 1979 o pazo foi declarado patrimonio arquitectónico de interese histórico-artístico, considerándose un dos máis importantes de Galicia polas súas dimensións, murallas e patios.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Casa-fortaleza señorial de Fontefiz, antigua, propiedad de los Marqueses de Leis. En la parroquia de Santa María de Ucelle, en el Ayuntamiento de Coles, provincia de Orense, Ángel del Castillo López, Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia, páx. 209, Ed. de los Bibliófilos Gallegos, 715 páxinas, 1972.
  2. Asociación de Historia Contemporánea, Las élites agrarias en la Península Ibérica[1], Revista Ayer, nº 48, 372 páx, ed. Marcial Pons, 2002, ISBN 9788495379528.
  3. Leirós de la Peña, Paz; Pedro Ventura de Puga, último señor de la Casa de Fontefiz, 60 páx. (189-248), Cuadernos de estudios gallegos, nº 120, 2007, ISSN 0210-847 X.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Leirós de la Peña, Paz; La casa de Fontefiz (Contribución al estudio de la hidalguía gallega), memoria de licenciatura, USC, 1986.
  • Leirós de la Peña, Paz; La casa de Fontefiz, Boletín auriense nº 23, 1993, págs. 197-237, ISSN 0210-8445.
  • Artigo Fontefiz, pazo de , Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo (en liña).
  • Blanco Areán, Ramón; Galicia, historia e imagen, páx. 131, Imprenta Graforsa, 1979.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]