Pazo da Brejoeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo da Brejoeira
ConcelloMonção
ProvinciaViana do Castelo
ComunidadeNorte de Portugal
Coordenadas42°02′30″N 8°29′40″O / 42.041649, -8.494507Coordenadas: 42°02′30″N 8°29′40″O / 42.041649, -8.494507
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(século XIX)
Estilo actualneoclasicismo (século XIX)
Estado actualen bo estado
Véxase tamén
Pazos de Portugal
editar datos en Wikidata ]

O Pazo da Brejoeira (Palácio da Brejoeira) é un pazo que se localiza na freguesía de Pinheiros, na vila e concello de Monção, distrito de Viana do Castelo, no Norte de Portugal.

Atópase a seis quilómetros ao sur de Monção (sete de Salvaterra de Miño), nunha vasta propiedade rural, dividida entre 18 hectáreas de viña, oito de bosque e tres de xardín. Este fastoso pazo constitúe un expoñente das moradas fidalgas no país.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi erguido nos primeiros anos do século XIX, téndose prolongado as obras até 1834. Aínda que non haxa probas evidentes sobre quen foi o autor do seu proxecto, este foi atribuído a Carlos Amarante, daquela un dos máis importantes arquitectos en actividade no norte do país.

Pertenceu inicialmente a Luís Pereira Velho de Moscoso, nado o 29 de novembro de 1767 e casado con Maria Cleófa Pereira Caldas, de Badim. O palacete existente no Largo do Caldas en Lisboa era propiedade da familia. Non pertencendo á nobreza, Luís de Moscoso non podía construír un pazo con catro torres e, por iso, pediu autorización ao rei para construír a terceira torre. Luís de Moscoso morreu en 1837. As obras proseguiron baixo a dirección do seu segundo fillo, Simão Pereira Valho de Moscoso (1805-1881). Este morreu sen descendencia. Por falta de parentes próximos, o pazo foi herdado pola familia Caldas de Lisboa. Sábese que Joana Caldas foi a súa terceira propietaria, á que seguen tempos de abandono e degradación.

Por volta de 1901, o palacio foi vendido en poxa pública a Pedro Maria da Fonseca Araújo (1862-1922), presidente da Asociación Comercial do Porto, que lle realizou amplas obras de restauración proxectadas polo arquitecto Ventura Terra. O inmóbel foi enriquecido cunha capela palatina e un teatro, as paredes do atrio e da escalinata foron revestidas con azulexos, os xardíns e o bosque foron reformados, alén da construción dun lago.

O 23 de xuño de 1910 foi clasificado como Monumento Nacional.

Coa morte de Pedro Araújo en 1922, volveu a decadencia ao pazo.

En 1937, a quinta foi vendida a Francisco de Oliveira Pais, de Lisboa o seu quinto propietario. Na década de 1960, por pasamento deste, o palacio foi adquirido polo compañeiro de súa filla, Feliciano dos Anjos Pereira, que fixo construír unha moderna adega e, en 1977, lanzou no mercado, con grande éxito, unha marca propia, o viño albariño "Palácio da Brejoeira".

O pazo pertenceu a Maria Hermínia Oliveira Paes (21 de xaneiro de 1918 – 30 de decembro de 2015 (97 anos)), filla de Francisco Paes. Maria Hermínia casou con Feliciano dos Anjos Pereira (2 de outubro de 1894-xullo de 1981). Non tiveron descendencia. Feliciano dos Anjos Pereira, casado en segundas nupcias con Maria Hermínia, tivo descendencia do seu primeiro casamento con Maria Marta Assunção (falecida en xuño de 1979).

En 2010 o palacio abriu ao público en visitas guiadas.

Características[editar | editar a fonte]

En estilo neoclásico, presenta planta en forma de "L". As súas catro fachadas atópanse limitadas por tres torriñas.

No seu interior encóntranse fastosos salóns con valiosas pinturas e frescos e distinta decoración, así como unha capela e un teatro.

Está rodeado de frondosas forestas e encantadores xardíns con magnolias e camelias.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]