Saltar ao contido

Paséridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Passeridae»)
Non confundir coa infraorde dos Paséridos (Passerida).
Paséridos
Passeridae
Johann Karl Wilhelm Illiger 1811 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Taxonomía
 Tipo taxonómico
Localización
 Área de distribución
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
SuperfamiliaPasseroidea
FamiliaPasseridae Editar o valor en Wikidata
Illiger, 1811 Passeridae Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0h23m Editar o valor en Wikidata
MeSHD046370 Editar o valor en Wikidata
ITIS553446 Editar o valor en Wikidata
OTT1011209 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Os paséridos (Passeridae) son unha familia de aves paseriformes denominados comunmente pardais, pardaos ou gorrións[1] e tamén ás veces pardais do Vello Mundo,[2] para diferencialos dos pardais do Novo Mundo, que conforman a familia dos emberícidos.[3]

A familia componse de 48 especies repartidas en 11 xéneros, das que a máis coñecida é o pardal común, Passer domesticus, que está adaptada ao hábitat urbano e vive en todos os continentes, a excepción da Antártida, porque foi introducida polo ser humano na maior parte deles.

Moitas especies aniñan en edificios e, en particular o pardal común e o orelleiro (Passer montanus) habitan nas cidades en grandes cantidades, de maneira que os pardais pode que sexan as máis coñecidas de todas as aves silvestres.

Características

[editar | editar a fonte]

En xeral, os pardais son pequenos paxaros de cor parda agrisada, con cola curta e bico repoludo. As diferenzas entre as distintas especies poden ser moi pequenas, apenas imperceptíbeis para os profanos.

Son principalmente granívoros, aínda que tamén consomen insectos pequenos. Unhas poucas especies aliméntanse nas cidades ou nos seus arredores, como fan tamén as gaivotas e as pombas, e son capaces de comeren practicamente calquera cousa que estea dividida en anaquiños.

O tamaño dos membros desta ampla familia vai desde o do pardal de Emin (Passer eminibey),[4] de 11,4 cm de lonxitude e 13,4 g de peso, até o do pardal de bico de papagaio (Passer gongonensis), de 18 cm e 42 g.

Os pardais son fisicamente similares a outras aves que comen sementes, como as escribentas, pero teñen unha pluma primaria dorsal vestixial e un óso extra na lingua.[5][6]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente os pardais clasificábanse na familia dos ploceidos (Ploceidae), da que constituían unha subfamilia, a dos ploceínos (Ploceini), que comprendía os xéneros Passer, Petronia, Carpospiza, Hypocryptadius e Montifringilla.

Pero segundo a clasificación de referencia (versión 2/3/2009) do Congreso ornitolóxico internacional, considérase como unha familia á parte (que fora xa bautizada con este nome por Johann Karl Wilhelm Illiger en 1811), comprendendo os seguintes xéneros:

Segundo a citada clasificación de referencia (versión 2/3/2009) do Congreso ornitolóxico internacional, as especies de paséridos (por orde filoxenética) son:

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia son moi comúns, e sedentarios, ademais do pardal propiamente dito, o Passer domesticus, que se distribúe por todo o país até os 1 100 m de altitude, o pardal orelleiro (Passer montanus), tamén sedentario, que habita en campos de cultivo, preto de habitacións humanas, aínda que é máis campestre que a especie anterior. Ademais, hai citas do pardal das rochas (Petronia petronia), que aniña en buratos de rochas e de edificios vellos, e que pode verse sobre todo nas zonas periféricas da nosa terra, especialmente na costa, e o pardal alpino (Montifringilla nivalis), moi raro en Galicia, e que se alimenta de sementes de herbas e tamén de bo número de insectos.[8]

  1. pardal no Dicionario da RAG.
  2. Los Gorriones. Familia Passeridae en Damisela.com.
  3. Gorriones y afines[Ligazón morta]. Instituto Nacional de Ecología, México.
  4. Así chamado en honra de Mehmet Emin Pacha (nacido Isaak Eduard Schnitzer, e bautizado como Eduard Carl Oscar Theodor Schnitzer (1840-1892), médico, naturalista, explorador e gobernador da provincia exipcia de Equatoria no alto Nilo; fillo dunha familia xudía alemá, da Silesia prusiana, e bautizado a raíz de que a súa nai, viúva, casada cun luterano; ao ter dificultades para exercer a medicina en Alemaña viaxou a Istambul para poñerse ao servizo do Imperio otomán.
  5. Bledsoe, A. H. e Payne, R. B. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds. (Forshaw, J. ed.). Londres: Merehurst Press. ISBN 1-85391-186-0, p. 222.
  6. Clement, Peter; Harris, Alan e Davis, John (1993): Finches and Sparrows: an Identification Guide. Princeton, Nova Jersey (EEUU): Princeton University Press. ISBN 0-691-03424-9.
  7. Segundo The Internet Bird Collection, sobre a base de estudos recientes, algunhas autoridades consideran que a especie Montifringilla taczanowskii Przevalski, 1876, está o suficientemente diferenciada en comportamiento e xenética molecular dos Montifringilla como para xustificar a súa colocación nun xénero separado, Onychostruthus; porén, as diferenzas son marxinais, quedando retido este xénero pendente de estudos adicionais.
  8. Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Calros Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-87674-06-2, pp. 290-293.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bledsoe, A. H. e Payne, R. B. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds. (Forshaw, J. ed.). Londres: Merehurst Press. ISBN 1-85391-186-0.
  • Clement, Peter; Harris, Alan e Davis, John (1993): Finches and Sparrows: an Identification Guide. Princeton, New Jersey (USA): Princeton University Press. ISBN 0-691-03424-9.
  • Christidis, L. e Boles, W. E. (2008): Systematics and Taxonomy of Australian Birds. Canberra: CSIRO Publishing. ISBN 978-0-643-06511-6.
  • Summers-Smith, J. Denis (2009): Family Passeridae (Old World Sparrows). En: del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew e Christie, David. Handbook of the Birds of the World. Volume 14: Bush-shrikes to Old World Sparrows. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-50-7.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]