Saltar ao contido

Palenque, Chiapas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPalenque, Chiapas
Fotomontaxe
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional Palenque Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPalenque, México Editar o valor en Wikidata
Mapa
 17°29′03″N 92°02′47″O / 17.4842, -92.0464
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 1.772 ha Editar o valor en Wikidata
Ben cultural baixo protección especial
Data30 de marzo de 2015
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → América Latina-Caribe
Data1987 (11ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii), (iii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador411
Localización de Chiapas en México.

Palenque é unha cidade maia situada no estado mexicano de Chiapas, preto do río Usumacinta. É un dos lugares máis importantes desa civilización. En comparación con outras cidades maias, Palenque ten un tamaño mediano: ben menor que Tikal ou Copán, distínguese porén pola súa arquitectura e escultura.

A zona descuberta até 2005 equivale a uns 2,5 km², mais cóidase que non se explorou nin un 10% da superficie total da cidade, ficando aínda máis de mil construcións cubertas pola selva. En 1981, o lugar de Palenque foi designado parque nacional.[1] A Unesco declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987.[2]

Monumentos máis importantes

[editar | editar a fonte]

Palenque é un dos sitios arqueolóxicos máis ricos do sur de México, nos límites da península do Iucatán. Entre as construcións accesibles, figuran as seguintes:

  • a Pirámide das inscricións;
  • o Palacio;
  • o Templo da Cruz;
  • o Templo da Cruz foliada;
  • o Templo do sol;
  • a cancha do xogo de pelota;
  • o grupo norte.

As construcións están encadradas nun estilo occidental da arquitectura maia.

Gobernantes

[editar | editar a fonte]

Os gobernantes ou régulos de Palenque que nos son coñecidos son os seguintes:

  1. conanp.gob.mx. "20 de julio de 1981 - Decreto por el que se declara Parque Nacional, con el nombre de Palenque" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 18 de maio de 2012. 
  2. Unesco. "Pre-Hispanic City and National Park of Palenque" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2012. 
  3. Vega, 2009; 207

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]