Paio Rodríguez (conde)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paio Rodríguez
Nacementoséculo IX
Falecemento1007
PaiRodrigo Guterres
CónxuxeGotina Fernández
FillosFronilde Peláez e Elvira Pelaez
editar datos en Wikidata ]

Paio Rodríguez (fl. 9851007) foi un importante nobre e conde en Galiza e León cunha presenza regular nas cortes de Vermudo II (984999) e Afonso V (9991028).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa ascendencia é descoñecida xa que non figura en ningún documento conservado. Algúns historiadores[1] opinan que foi membro da familia fundadora do mosteiro de Lourenzá, fillo de Rodrigo Gotérrez (fl. 945–992) e neto do conde Goterre Osorio e da súa esposa Aldonza Méndez, filla de Hermenexildo Gotérrez. Mais outros[2] consideran que esta filiación é improbable xa que ningún dos seus descendentes — como era tradición naquela época — levou o nome de Goterre, e opinan que puido ser irmán do conde Munio Rodríguez, fillos dun hipotético Rodrigo Fernández.[3]

O documento máis antigo que o menciona polo seu nome data do ano 976, pero é considerado falso por Emilio Sáez. A próxima vez que aparece no rexistro histórico é o 8 de xullo de 985, como testemuña dunha doazón ao mosteiro de Sahagún. Aparece concorrentemente nas cartas reais ata a súa última aparición, o 1 de febreiro de 1007, nunha copia do século XII dunha carta de Afonso V para o mosteiro de Celanova que contén o nome de Pelagius Hosterici, poderíase tratar dun erro na escrita de Roderici.

Revolta contra Vermudo II[editar | editar a fonte]

Coma aliado dos condes de Saldaña, rebelouse con Gonzalo Vermúdez e Munio Fernández contra Vermudo II, e conseguiu expulsar ao monarca á Galiza entre novembro de 991 e setembro de 992. Despois da revolta foille restaurado axiña o favor real.[4]

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou con Gotina Fernández de Cea (m. despois de 1028), filla de Fernando Vermúdez de Cea e Elvira Díaz. Era irmá de Ximena Fernández, raíña de García Sánchez II de Pamplona, e polo tanto tía de Sancho III. Ela outorgoulle moitas terras en Galiza e en León.[4] Ela uniuse ao seu fillo, Fernando Páez e á súa muller para facer unha doazón a San Millán de la Cogolla o 13 de novembro de 1028, a última vez que se rexistra, como donna Gutina.

Os fillos deste matrimonio foron:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rubén García Álvarez
  2. Julia Montenegro Valentín
  3. 3,0 3,1 Torres Sevilla-Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios en León y Castilla (Siglos IX -XIII). Junta de Castilla y León, Consejería de Educación y Cultura. ISBN 84-7846-781-5. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 de Salazar y Acha, Jaime (1989). "El conde Fernando Peláez, un rebelde leonés del siglo XI". Anuario de Estudios Medievales (AEM) (19): 87–98. ISSN 0066-5061.