Sancho Ordóñez (conde)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSancho Ordóñez
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor em Wikidata
Morte1080 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de León
Reino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor em Wikidata
FillosFronilde Sánchez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisOrdoño Vermúdez Editar o valor em Wikidata  e Fronilde Peláez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsXimena Ordóñez Editar o valor em Wikidata

Sancho Ordóñez, nado antes do 1042[Notas 1] e morto c. 1080, foi un conde que viviu no século XI. O seu pai era Ordoño Vermúdez, fillo ilexítimo do rei Vermudo II, e a súa nai era Fronilde Páez,[1][2][3] tamén membro da alta nobreza como filla do conde Paio Rodríguez e da súa muller Gotina Fernández de Cea, filla do conde Fernando Vermúdez de Cea e Elvira Díaz. e irmá de Ximena Fernández, nai do rei Sancho III, e de Xusta Fernández, casada co conde Flaín Muñoz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi nomeado conde entre 1059 e 1061 cando aparece co título en varias transaccións familiares e cartas reais, como unha datada en 1061 no Mosteiro de Samos cando confirma como Sanctius proles Ordonii comes (Sancho, fillo de Ordoño, conde).[2] O conde Sancho foi membro da Curia regis dos seus curmáns o rei Fernando I e Sancha I e en 1059 confirmou unha transacción privada entre estes monarcas e Fronilde Ovéquiz.[Notas 2][2] Tamén aparece nas cartas emitidas polo rei Afonso VI, incluída unha datada en 1071 cando confirma como Sancio Ordoniz Comes[2] unha doazón feita polo rei a Velasco Vela, e en 1073 no Mosteiro de Samos cando o rei o nomeou un dos xuíces encargados de resolver un litixio entre o abade do mosteiro e Ero Páez. En 1077, o conde Sancho doou á catedral de León as propiedades de Villarín de Campos, na actual provincia de Zamora, que herdara do seu avó, o conde Paio Rodríguez.[2]

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Antes de 1082, o conde Sancho casou con Onega Ovéquiz,[2] filla do conde Oveco Vermúdez e da súa muller Elvira Suárez, e irmá dos condes Vermudo, Vela e Rodrigo Ovéquiz.[3] Os descendentes deste matrimonio foron:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xa vivía no ano 1042 cando os seus pais, o 18 de setembro dese ano, aparecen cos seus fillos, citados como Vermudo, Sancho Fernando e Ximena Ordóñez, facendo unha doazón ao mosteiro de Santa María que fundaran en León.
  2. Sancho Ordóñez era primo da raíña Sancha, ambos netos do rei Vermudo II, e primo segundo do rei Fernando I, sendo ambos descendentes de Urraca Fernández, filla de Fernán González, conde de Castela.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Enriqueta, López Morán (2005). "El monacato femenino gallego en la Alta Edad Media (Lugo y Ourense) (Siglos XIII al XV)" (PDF). Nalgures (Asociación Cultura de Estudios Históricos de Galicia) (II): 49–142. ISSN 1885-6349. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de febreiro de 2011. Consultado o 04 de abril de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Torres Sevilla-Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios de León y Castilla: Siglos IX-XIII. Junta de Castilla y León, Consejería de educación y cultura. ISBN 84-7846-781-5. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Salazar y Acha, Jaime de (1985). Una Familia de la Alta Edad Media: Los Velas y su Realidad Histórica. Asociación Española de Estudios Genealógicos y Heráldicos. ISBN 84-398-3591-4. 
  4. 4,0 4,1 Fernández de Viana y Vieites, José Ignacio (1994). Colección diplomática del Monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón. Excma. Diputación Provincial de Lugo. ISBN 84-8192-061-4.