Pablo Novoa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de abril de 1961 (63 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | músico, produtor musical, pianista, guitarrista, director musical |
Instrumento | Guitarra |
Pablo Novoa, nado en Vigo o 14 de abril de 1961, é un músico multiinstrumentista e produtor discográfico galego que formou parte de diversos grupos como Golpes Bajos nos 80 ou La Marabunta nos 90 e colaborou con outros músicos como Nacho Mastretta, Josele Santiago ou Iván Ferreiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1983, entrou a formar parte do grupo vigués Golpes Bajos como guitarrista, no que estivo até a súa disolución en 1986.[1] Non foi convidado polos dous membros fundadores do grupo (Germán Coppini e Teo Cardalda) para participar na segunda etapa do grupo entre 1997 e 1998.[2]
En 1993 incorporouse ó grupo La Marabunta, no que participou até 1997.
Entre 1998 e 1999 foi responsable da dirección musical do programa Xabarín Club da TVG.
A partir de entón, dedicouse á produción e á colaboración con outros músicos, como Nacho Mastretta, Josele Santiago, Iván Ferreiro, Los Enemigos, Los Ronaldos, Julieta Venegas e Ketama, así como á composición de varias bandas sonoras, destacando a curtametraxe Pamela e o filme Incautos.
En 2003 publicou o seu primeiro disco en solitario, Novoa cruza el Atlántico, baixo o selo Subterfuge Records.[3]
En 2013 produce Enfermedades comunes, disco debut do grupo de pop punk vigués Paracetamol, editado en España por Rumble Records.[4]
En 2014 publica xunto ó guitarrista Nono García o disco instrumental Radio Pesquera, editado da man de El Volcán.[5]
Desde xaneiro de 2016 toca como guitarrista na banda que actúa en vivo, cada noite, no programa de televisión Late motiv de Andreu Buenafuente, que se emite en #0 de Movistar+.
En 2018 colabora e produce o disco tributo a Golpes Bajos de Iván Ferreiro, Cena recalentada, editado polo selo Warner Music Group.[6]
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Golpes Bajos
[editar | editar a fonte]- Golpes bajos (Nuevos Medios, 1983).
- A santa compaña (Nuevos Medios, 1984).
- Devocionario (Nuevos Medios, 1985).
Con La Marabunta
[editar | editar a fonte]- La Marabunta (BMG, 1993).
- Los cuentos de la Marabunta (1996).
- La vida en rebajas (1997).
Con Nono García
[editar | editar a fonte]- Radio Pesquera (El Volcán, 2014).
Bandas sonoras
[editar | editar a fonte]- Pamela (curtametraxe).
- Incautos (longametraxe).
- Só Concertinas (documental).
- Contrabando (documental).
Carreira en solitario
[editar | editar a fonte]- Novoa cruza el Atlántico (Subterfuge Records, 2008).
Produción
[editar | editar a fonte]- Garabatos, de Josele Santiago (Virgin, 2006)
- Loco Encontrao, de Josele Santiago (El Volcán, 2008)
- Lecciones de Vértigo, de Josele Santiago (El Volcán, 2011)
- Enfermedades comunes, de Paracetamol (Rumble Records, 2013).
- Cena recalentada, de Iván Ferreiro (Warner Music Group, 2018).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha de Golpes Bajos en POPes80". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2009. Consultado o 10 de febreiro de 2009.
- ↑ "Ficha de Golpes Bajos en MTV.es". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 27 de setembro de 2019.
- ↑ Páxina de Pablo Novoa en MySpace.
- ↑ Ficha de Paracetamol en La Fonoteca.
- ↑ "Ficha de Pablo Novoa en La Fonoteca.". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2019.
- ↑ Entrevista a Iván Ferreiro en Mondosonoro.