Golpes Bajos
| Golpes Bajos | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
Golpes Bajos foi un grupo galego de pop da década dos oitenta, formando parte da denominada "Idade de Ouro do Pop Español" e encadrado dentro da chamada movida viguesa.
Historia
[editar | editar a fonte]Golpes Bajos formouse en 1982 en Vigo (Pontevedra), inicialmente composto por Germán Coppini (entón vocalista de Siniestro Total) e Teo Cardalda, ós que posteriormente se uniron en 1983 Pablo Novoa e Luís García. Cando o grupo empezou a ser coñecido e a colleitar éxitos, Germán Coppini abandonou Siniestro Total para dedicarse plenamente a Golpes Bajos.
En 1983 recibiron o Premio Ícaro do xornal Diario 16 aos Novos Creadores no apartado de música. Nos 36 meses nos que existiron na súa primeira encarnación como cuarteto, entre 1982 e 1985, gravaron 20 cancións e apareceron en programas de televisión como A edade de ouro ou Musical Express, así como na película ¡¡A tope!!!
Trala publicación do miniLP "Devocionario", o dúo fundador decidiu disolver o grupo, adicándose desde entón a outros proxectos musicais.
En 1998 Copinni e Cardalda reuníronse e reeditaron cancións da súa época dourada, engandindo catro temas novos, coa súa posterior xira. A esta reunión non invitaron nin a Luis García nin a Pablo Novoa. A xira resultou un fracaso.
No ano 2018 publicouse o libro Escenas olvidadas, a historia oral de Golpes Bajos, escrito por Xavier Valiño e publicado pola editorial Efe Eme, no que os catro compoñentes do grupo contan a súa historia.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Golpes bajos (mini-LP, Nuevos Medios, 1983)
- A Santa Compaña (Nuevos Medios, 1984)
- Devocionario (mini-LP, Nuevos Medios, 1985)
- Vivo (Nuevos Medios, 1998)
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- Golpes Bajos (solo en casete, Nuevos Medios, 1987)
- Todas sus grabaciones 1983/1985 (Nuevos Medios, 1990)
Maxi-singles
[editar | editar a fonte]- Colecciono moscas / A Santa Compaña (Nuevos Medios, 1984)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- Fiesta de los maniquíes (Nuevos Medios, 1984)
- Escenas olvidadas (Nuevos Medios, 1984)
- Desconocido (Nuevos Medios, 1985)
- La virgen loca (Nuevos Medios, 1985)
- Cena recalentada (Nuevos Medios, 1990)
- Malos tiempos para la lírica (Nuevos Medios, 1998)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Rego, F. (2010). 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega. Ed. Toxosoutos. p. 73-77. ISBN 9788492792382.
- [Valiño, Xavier (2018). Escenas olvidadas, a historia oral de Golpes Bajos. Efe Eme. ISBN 9788495749222.