Estados Unidos de Bélxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Verenigde Nederlandsche Staten
Verenigde Belgische Staten
États-Belgiques-Unis
Estados Unidos de Bélxica

1790
Bandeira Escudo
Situación
Capital Bruxelas
Lingua Neerlandés, francés
Relixión Catolicismo
Goberno República confederal
Presidente
 • 1790 François de Nélis
 • 1790 Henri de Crumpipen[1]
Historia
 • Establecido 1790
 • Batalla de Falmagne 22 de setembro de 1790
 • Rendición de Bruxelas 1790

Os Estados Unidos de Bélxica (en neerlandés: Verenigde Nederlandse Staten ou Verenigde Belgische Staten, en francés: États-Belgiques-Unis) foi unha confederación formada polos Países Baixos do Sur (os Países Baixos austríacos) que existiu entre xaneiro e decembro de 1790, durante unha breve revolta contra o emperador do Sacro Imperio Xosé II de Habsburgo. Tamén se coñece como os Estados Unidos Belgas ou os Estados Unidos Neerlandeses.

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa de Bélxica c. 1740

Influído polas ideas da Ilustración, o emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico Xosé II de Habsburgo iniciou unha serie de reformas a grande escala nos Países Baixos austríacos na década de 1780, dirixidas a modernizar e centralizar o sistema político, xudicial e administrativo. O antigo sistema descentralizado sería substituído por un sistema xudicial uniforme para todo o Imperio, e as provincias independentes dos Países Baixos austríacos serían substituídas por 9 kreitsen e 35 districten. Xosé II tamén ordenou a secularización do sistema educativo e a reorganización ou disolución de varias ordes relixiosas.

En 1789 estalou unha revolta popular nos Países Baixos austríacos contra a política centralizadora do emperador. Nesta revolta xurdiron dúas faccións: os Estadistas, que se opoñían ás reformas, e os Vonckistas, que tomaron o nome de Jan Frans Vonck, que inicialmente apoiara as reformas pero posteriormente uniuse á oposición debido ás consecuencias da súa imposición.

A revolta iniciouse na cidade de Bruxelas que, en 1789 declarou que xa non recoñecía a autoridade do emperador, na que sería coñecida como a Revolución brabanzona. O líder da facción Estadista, Hendrik van der Noot, chegou aos territorios austríacos desde os Países Baixos e reuniu un pequeno exército en Breda, a parte neerlandesa de Brabante.

En outubro Hendrik Van der Noot invadiu Brabante e capturou Turnhout, derrotou os austríacos na Batalla de Turnhout o 27 de outubro e conquistou Gante o 13 de novembro. O 17 deste mes, o Príncipe Alberte de Saxonia e a Arquiduquesa María Cristina de Teschen, os rexentes imperiais, fuxiron a Bruxelas. O resto das forzas imperiais retirouse ás cidadelas de Luxemburgo e Antuerpen.

Van der Noot declarou a independencia de Brabante, e o resto das demais provincias dos Países Baixos austríacos uníronse, excepto Luxemburgo. O 11 de xaneiro de 1790 as provincias rebeldes firmaron un pacto, establecendo unha confederación co nome de Verenigde Nederlandse Staten / États-Belgiques-Unis (Estados Unidos de Bélxica) e nomearon un corpo de goberno coñecido como "Congreso Soberano". A Acta Neerlandesa de Abxuración de 1581 e a Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América serviron como modelo para o tratado de creación dos Estados Unidos de Bélxica.

Provincias dos Estados Unidos de Bélxica

De forma paralela, en 1789 estalara unha revolución no Bispado de Liexa. Os revolucionarios da cidade proclamaran unha república que se uniu aos Estados Unidos de Bélxica en alianza.

Porén, Hendrik Van der Noot era consciente da fraxilidade do novo Estado e intentou aproximarse a outros países estranxeiros en busca de apoios, suxerindo incluso a unificación coa República dos Países Baixos. Por outra parte, as facións de Estadistas e Vonckistas enfrontábanse continuamente, e o Estado estaba ao bordo dunha guerra civil.

Mentres isto ocorría, o emperador Xosé II morreu e foi sucedido polo seu irmán Leopoldo II, que rapidamente actuou para recuperar o control sobre os Países Baixos austríacos. O 24 de outubro as tropas imperiais tomaron a cudade de Namur, obrigando á provincia a recoñecer a autoridad imperial. Dous días despois foi recuperada a provincia de Flandres Oeste.

Finalmente, o 2 de decembro de 1790 todo o territorio encontrábase de novo baixo o dominio do emperador Habsburgo.

Legado[editar | editar a fonte]

Aínda que a súa duración foi breve, a creación dos Estados Unidos de Bélxica tivo repercusións a longo prazo. Por primeira vez os Países Baixos austríacos conseguiron a independencia, e foi a orixe dunha nueva idea política: o estado-nación de Bélxica.

En 1830 os habitantes dos Países Baixos do Sur rebeláronse contra o Reino Unido dos Países Baixos, creando así o moderno estado de Bélxica.

Política[editar | editar a fonte]

Os Estados Unidos de Bélxica eran unha república confederal de oito provincias que eran soberanas e independentes, tiñan os seus propios gobernos e eran rexidas directamente polo Congreso Soberano (en francés, Souverain Congrès, en neerlandés Soevereine Congres), o goberno confederal. O Congreso Soberano estaba asentado en Bruxelas e estaba composto por representantes de cada unha das oito provincias. As provincias da república foron divididas en territorios separados máis pequenos, cada un coas suia propias identidades rexionais.[2]

A confederación tivo dous presidentes, François de Nélis e Henri de Crumpipen,[3] e un xefe de goberno ou primeiro ministro, Hendrik Van der Noot.

Povincias[editar | editar a fonte]

  1. Ducado de Brabante
  2. Ducado de Güeldres
  3. Ducado de Limburgo
  4. Ducado de Luxemburgo
  5. Condado de Flandres
  6. Condado de Hainaut
  7. Condado de Namur
  8. Señorío de Malinas

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bernard, Bruno & Robert Maskens (2003): La Révolution brabançonne et les États Belgiques Unis (1789-1790). Bruxelas: Musée de la Ville de Bruxelles.
  • Borgnet, Adolphe (1834): Lettres sur la révolution brabançonne. Bruxelas: Berthot.
  • Gacchard, L. P. (184): Documents sur la révolution belge de 1790, Bruxelas.
  • Pirenne, Henri & Jérôme Vercruysse (1992): Les États Belgiques Unis: histoire de la révolution belge de 1789-1790. París; Duculot. ISBN 2-8011-1024-8.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]