Pílula anticonceptiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pílulas anticonceptivas")
Pílula anticonceptiva.

Os contraceptivos orais, máis coñecidos como pílulas anticonceptivas ou, sinxelamente, a pílula, é un método contraceptivo feminino que consta dunha pastilla que contén hormonas sexuais femininas, que se administra por vía oral e impede que o ovario produza óvulos.[1] A súa eficacia depende dos estudos realizados, e pode oscilar entre o 0,3 e 8 embarazos/muller/ano.

As pílulas anticonceptivas non protexen contra as doenzas de transmisión sexual como o VIH (SIDA), Chlamydia, herpes xenital, gonorrea, hepatite B ou sífilis). Se se desexa unha protección contra as infeccións de transmisión sexual é preciso empregar o preservativo ou o preservativo feminino.

Notas[editar | editar a fonte]