Preservativo feminino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Preservativo feminino feito de poliuterano.

O preservativo ou condón feminino é un método anticonceptivo de barreira de uso vaxinal alternativo ao preservativo masculino. Consiste nunha delgada funda que se axusta ás paredes da vaxina e se pode levar posto até un máximo de 8 horas. A diferenza do preservativo masculino, non queda axustado por medio da tensión, e pola humidade e temperatura propias da vaxina adhírese comodamente e a súa presenza é case inapreciábel. O preservativo feminino apareceu en 1992 en Inglaterra e nos Estados Unidos e axiña o seu uso pasou é Europa continental e o resto do mundo occidental.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]