Páramo de Cruz Verde
Tipo | Páramo | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
División administrativa | Colombia | ||
O páramo de Cruz Verde é un páramo que se atopa entre o Distrito Capital de Bogotá e a provincia de Oriente do departamento de Cundinamarca. Forma parte do mesmo sistema do páramo de Sumapaz.
Características
[editar | editar a fonte]O páramo de Cruz Verde atópase entre os 3.300 e os 3.700 m s. n. m. na Cordilleira Oriental. Atópase ao leste de Bogotá, ocupando territorios do Distrito Capital, e dos concellos de Chipaque, Ubaque, Choachí, Une e un pequeno fragmento de La Calera.
No seu territorio nacen os ríos Fucha, cuxo curso se atopa na sabana de Bogotá e Palmar, que baña o concello de Ubaque.
Contén un bosque secundario e afloramentos xeolóxicos de rochas sedimentarias do Cretáceo e do Terciario. Alberga unha gran variedade de paxaros e fentos. No seu territorio atópase así mesmo o Parque Ecolóxico Matarredonda. Presenta diferentes zonas húmidas interconectados.
A comezos do século XIX foi un dos territorios visitados na rexión polos naturalistas europeos Alexander von Humboldt e Aimé Bonpland.[1]
Conservación
[editar | editar a fonte]Malia que se trata dunha zona ecolóxica protexida, tanto a deforestación pola queima e talla como as actividades agrícolas e de gandaría ameazan con desertificalo.[2] Do mesmo xeito, dende hai séculos extráese dos seus terreos material para a construción, o cal transformou a súa morfoloxía e afectou a súa biodiversidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Academy of Natural Sciences of Philadelphia (1938). "Proceedings of The Academy of Natural Sciences Vol. LXXXIX, 1937" (en inglés). Google libros. Consultado o novembro de 2010.
- ↑ Ivonne Malaber (5 de outubro de 1993). "Un páramo a secas" (en castelán). eltiempo.com. Consultado o novembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Páramo de Cruz Verde |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paramo.org "Complejo Cruz Verde - Sumapaz". Inclúe mapa en alta definición. Consultado en novembro de 2010.
- Eltiempo.com "Un páramo a secas". Consultado en novembro de 2010.