Bosque secundario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bosque secundario no Parque Stanley. Vancouver, Canadá.
Xeralmente considérase que ten características de segundo e terceiro crecemento. Esta foto mostra a rexeneración, unha árbore que crece do toco doutra árbore que foi talada en 1962 polos restos do tifón Freda

Un bosque secundario (ou bosque de segundo crecemento) é un bosque ou superficie arborada que volveu crecer despois dunha colleita de madeira ou desbroce para a agricultura, até que transcorre un período suficientemente longo de tempo para que os efectos da perturbación xa non sexan evidentes.

Distínguese dun bosque primario, que non sufriu recentemente tal perturbación, así como dos bosques de terceiro crecemento, que resultan da colleita en bosques de segundo crecemento.

O recrecemento dos bosques secundarios despois da colleita de madeira difire do recrecemento dos bosques despois de perturbacións naturais como incendios, infestacións de insectos ou ventos, porque as árbores mortas permanecen para subministrar nutrientes, estrutura e retención de auga despois das perturbacións naturais.

Silvicultura[editar | editar a fonte]

En silvicultura e ecoloxía forestal, emprégase o termo renoval para facer referencia a un bosque xove, normalmente de tipo secundario, cuxas árbores dominantes ou que conforman o dosel superior de dito bosque, son relativamente coetáneas (de idade similar).

Os renovais presentan unha orixe produto de alteracións. Estas poden ser de orixe natural, como deslizamento de terras, erosións glaciares, erosións en riberas de ríos, incendios naturais ou antrópicos (queimas, incendios provocados, desmonte masivo de bosques orixinales e posterior abandono tras un uso silvoagropecuario).

As especies colonizadoras de árbores poden dominar rapidamente o lugar e constituír estas formacións boscosas en relativamente breves períodos, razón pola cal as idades das árbores que conforman estes renovais están dentro dun rango similar, en contraste cos bosques orixinais, cuxas árbores que os conforman presentan diversos e amplos rangos de idades.[1]

Existen clasificacións de renovais de diversos tipos nos bosques temperados de Suramérica, dependendo das especies de árbores dominantes.[2]

En varios tipos de bosques naturais, os renovais presentan un alto potencial para o desenvolvemento de silvicultura neles.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chazdon, Robin L. (2008): "Beyond deforestation: restoring forests and ecosystem services on degraded lands". Science 320 (5882): 1458–1460.
  2. Martin, Maxence; Morin, Hubert; Fenton, Nicole J. (2019). "Secondary disturbances of low and moderate severity drive the dynamics of eastern Canadian boreal old-growth forests". Annals of Forest Science 76 (4): 108. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.