Owaraha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Owaraha
Santa Ana
Solomon Islands 1989.jpg
Mapa das Illas Salomón
MakiraMap.png
Localización de Santa Ana ao sur de Makira
Situación
PaísIllas Salomón
ProvinciaMakira
MarOcéano Pacífico
Coordenadas10°49′42″S 162°27′49″L / -10.82833, -162.46361
Xeografía
Longura máxima5´6
Largura máxima4´5
Punto máis alto143 m. (Faraina)
Demografía
Poboación1547 (2009)
Densidadehab/km² hab./km²

Owaraha ou Owa Raha (antes Santa Ana) é unha illa das Illas Salomón, que se atopa na provincia de Makira-Ulawa.

Descrición[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta pequena illa de coral ten 5´6 km de longo e 4´5 km de largo. Está situada no extremo oriental de Makira (San Cristóbal), separada dela por un estreito de 7´5 km de ancho, e xusto ao norte da pequena Owariki (Santa Catalina). A distancia entre Owaraha e Owariki atopa é de só 2´5 km. A illa conta con dúas vilas principais Gupuna (ou Ghupuna) e Nafinotoga. Os habitantes de Owaraha falan a Lingua Owa e comparten a mesma cultura coa xente de Owariki e co extremo oriental da illa de Makira. Os clans Pagewa e Aiga Tatari de Owaraha e outras illas próximas afirman descender dos refuxiados de Teonimanu que foi arrasada.

Historia[editar | editar a fonte]

Owaraha foi habitada ao redor do 1280 a.C., de acordo cos achados en dúas covas Rate e Feru. O navegante español Álvaro de Mendaña de Neyra descubriu a illa en 1568.

O primeiro avistamento rexistrado polos europeos foi a expedición española de Álvaro de Mendaña o 4 de xullo de 1568. Máis precisamente, o avistamento e tamén o desembarco en Owahara debeuse a unha viaxe local realizada por un pequeno barco, o bergantín Santiago, comandado por Francisco Muñoz Rico e tendo a Hernán Gallego como piloto. Chamárona Santa Ana.[1][2]

Owaraha foi visitado polo antropólogo e fotógrafo austríaco Hugo Bernatzik en 1932. Bernatzik documentou coidadosamente a vida cotiá dos habitantes da illa e publicou unha etnografía un ano máis tarde. Tamén tomou algunhas das primeiras e mellores fotografías dos insulares, que reflicten unha cultura que consideraba moribunda en contacto co mundo moderno.[3]

Durante a súa estadía en Owaraha Bernatzik coñeceu a Heinrich Küper, un aventureiro alemán que vivía na aldea de Gupuna. Küper estaba casado cunha respectable muller local, Kafagamurirongo, e foi o único branco que alcanzou o status de arafa (alta personalidade) dentro dunha comunidade de Melanesia. Os netos de Küper aínda viven en Owaraha.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. Sharp, Andrew The discovery of the Pacific Islands Oxford 1960 p.47.
  2. Brand, Donald D. The Pacific Basin A History of its Geographical Explorations The American Geographical Society, New York, 1967, p.133.
  3. Hugo Bernatzik, Owa Raha. Büchergilde Gutenberg, Vienna / Zürich / Prague, 1936
  4. Sandra Revolon, Heinrich Küper: le Blanc dont on parle à mi-voix, Centre de Recherche et de Documentation sur l'Océanie (CREDO), Campus Saint Charles, 3 Place Victor Hugo, 13331 Marseille, France, Journal de la Société des Océanistes. ISSN 0300-953X

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]