Owariki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Owariki
Santa Catalina
Solomon Islands 1989.jpg
Mapa das Illas Salomón
MakiraMap.png
Localización de Santa Catalina ao sur de Makira
Situación
PaísIllas Salomón
ProvinciaMakira
MarOcéano Pacífico
Coordenadas10°53′28″S 162°26′45″L / -10.89111, -162.44583
Xeografía
Longura máxima3´2 km.
Largura máxima2'1 km.
Punto máis alto97 m.
Demografía
Densidadehab/km² hab./km²
Lingua propiaLingua Owa

Owariki ou Owa Riki (antes Santa Catalina) é unha illa das Illas Salomón, que se atopa na provincia de Makira-Ulawa.

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta pequena illa de coral ten 2´8 km de longo e 2 km de largo. Está situada no extremo oriental de Makira (San Cristóbal), separada dela por un amplo estreito de 7´5 quilómetros, e ao sur da pouco máis grande Owaraha (Santa Ana). A distancia entre Owaraha e Owariki é de só 2´5 km de ancho.

Os habitantes de Owariki falan a Lingua Owa. Comparten a mesma cultura coa xente de Owaraha e co extremo oriental de Makira.

Owariki foi visitado, xunto ca veciña Owaraha, polo antropólogo e fotógrafo austríaco Hugo Bernatzik en 1932. Bernatzik documentou coidadosamente a vida cotiá dos habitantes da illa e publicou unha etnografía uns anos máis tarde.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hugo Bernatzik, Owa Raha. Büchergilde Gutenberg, Vienna / Zürich / Prague, 1936.