Pobo alemán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alemáns»)
Pobo alemán
Poboación
Poboación total:
Ao redor de 150 millóns con ascendencia alemá[1]
Rexións principais:
Alemaña65 000 000
Estados Unidos50 764 352[2]
Brasil5 000 000
Arxentina3 500 000
Canadá3 200 000
México2 000 000
Suráfrica1 200 000
Venezuela1 000 000
Francia1 000 000
Australia900 000
Aspectos culturais
LinguaAlemán
RelixiónCristianismo (catolicismo e protestantismo, principalmente luteranismo)
Grupos
relacionados
Outros pobos xermánicos

Os alemáns (en alemán: Deutsche) son un pobo xermánico de Europa Central,[3] con trazos culturais e históricos comúns, e que teñen o alemán como lingua propia.

Dos aproximadamente 100 millóns de falantes nativos de alemán do mundo, arredor de 70 millóns considéranse alemáns. Ademais, hai arredor de 80 millóns de persoas de ascendencia alemá en países como os Estados Unidos (alemáns americanos), Brasil (alemáns brasileiros), Arxentina (alemáns arxentinos) e na antiga Unión Soviética (principalmente alemáns de Rusia e alemáns de Casaquistán).

Coa fundación do estado moderno de Alemaña, que non incluíu todo o territorio de lingua alemá de Europa, o termo "alemáns" pasou tamén a designar aos habitantes deste país. Hoxe, a poboación de países con maiorías falantes de alemán como Austria, Suíza e Liechtenstein, teñen desenvolvido a súa propia identidade nacional, e especialmente dende o final da segunda guerra mundial non se refiren a eles mesmos como "alemáns" nun contexto moderno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 65 millóns son cidadáns de Alemaña sen ascendencia inmigrante. Arredor de 50 millóns con ascendencia alemá nos Estados Unidos. Engadindo aos alemáns do Brasil, da Arxentina e do Canadá, chegase aos 133 millóns, e engadindo aos do resto do mundo chégase aos 150 millóns.
  2. Asemblea Xeral de Pensilvania (24 de xuño de 2009). "Resolution recognizing June 28, 2009, as "German-American Day" in Pennsylvania" (en inglés) (Resolución do Senado número 141). 
  3. Minahan, James (2000). One Europe, many nations: a historical dictionary of European national groups. Greenwood Publishing Group. p. 769. ISBN 0-313-30984-1.