Polígono industrial de Bergondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polígono industrial de Bergondo
Empresas do polígono
Tipopolígono industrial
Data de fundación1990
EnBergondo
PaísGalicia
43°18′28″N 8°15′52″O / 43.307777777778, -8.2644444444444
Na rede
https://www.poligonobergondo.com/web/index.aspx
editar datos en Wikidata ]
Tapa de rexistro do polígono industrial de Bergondo.

O polígono industrial de Bergondo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello de Bergondo.

Historia e descrición[editar | editar a fonte]

Trátase dun polígono industrial promovido pola SEPES e inaugurado en 1990. Conta cunha superficie total de 882.000 metros cadrados, dos que 649.010 son dedicados a parcelas.[1]

Segundo o portal web da comunidade de propietarios do polígono este está dividido en 246 parcelas que acubillan 294 empresas, dando emprego a uns 4.000 traballadores/as.

En 2004 foi inaugurado o edificio multiúsos que se emprega, entre outros, para cursos de formación.[2]

No ano 2009, o goberno de Portugal vetou o traslado a Bergondo dunha das maiores plantas de Europa de paneis solares.[3] Ese mesmo ano, abriu un club de pádel, o primeiro de Galiza adaptado para persoas con minusvalías físicas e psíquicas.[4]

A finais da primeira década do século XXI, Bricoking mudou a súa sede ao emblemático edificio Utande, semiintegrado nos lindes do polígono após a construción deste último.[5]

Accesos[editar | editar a fonte]

Estradas e autoestradas[editar | editar a fonte]

Transporte público[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Polígono industrial de Bergondo, (A Coruña)". www.ingestin.com (en castelán). Consultado o 2017-05-01. 
  2. "Bergondo inaugura un centro multiusos en el parque empresarial". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-09-23. Consultado o 2017-05-01. 
  3. Costas, Lui. "Portugal veta el traslado a Bergondo de la mayor planta europea de paneles solares". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-05-01. 
  4. Burón, Viviana. "El deporte de moda llega a Bergondo". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-05-01. 
  5. "Bricoking invertirá diez millones de euros". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-03-20. Consultado o 2017-05-01.