Saltar ao contido

Orde dórica

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Partenón, modelo do templo grego de orde dórica
Detalle dun capitel do Partenón de orde dórica.

A orde dórica é un termo arquitectónico que se refire as normas canónicas creadas na Grecia antiga para rexer a construción dos edificios e en particular os templos. É unha das tres, e a máis antiga, das ordes clásicas da arquitectura grega, xunto coa xónica e a corintia, e tamén é a máis sobria dende o punto de vista decorativo. A súa antigüidade non está clara pois.

De xeito xeral, acéptase a idea de Vitrubio de que a súa orixe provén da adaptación á pedra (mármore, normalmente) das anteriores construcións de madeira.[1] Apareceu entre finais do século VII antes de Cristo, e o século VI a.C.[2], no Peloponeso estendéndose sobre todo por Occidente por mor do proceso colonizador.[3]

Características

[editar | editar a fonte]
Esquema da orde dórica

Entre as principais características destacan as seguintes:

  • A columna non ten base senón que o fuste arrinca directamente da estilóbata, que é o chanzo superior da crepidoma (plataforma que, normalmente, consta de tres chanzos: os dous primeiros denomínanse estereóbata e o superior estilóbata).
    • O fuste é estriado con arestas vivas. O tamaño total da columna nunca superan os dezaseis módulos, adoitando ter entre oito e trece. O diámetro non é constante senón que vai diminuíndo en altura. Adoita presenta éntase, que é unha corrección óptica pola que na parte central presenta un ensanchamento para que non a distancia non se perciba unha certa concavidade senón que se presente perfectamente recto.[4] As dimensións das columnas refírense ao módulo, que é a medida que ten o radio na base da columna onde, normalmente, é maior.
  • O capitel está integrado por tres pezas:
    • O ábaco, é unha peza prismática semellante a un taboleiro de planta cadrada que soporta directamente a estrutura horizontal do edificio, o arquitrabe.
    • O equino, cuxa xeometría é a dunha figura convexa de revolución, máis ancha na parte superior, que serve de transición entre o colariño e o ábaco.
    • O colariño, é unha prolongación do fuste, separado por unha fina acanaladura.
  • O entaboamento está composto por:
    • O arquitrabe, unha trabe grosa e lisa que percorre todo o aliñamento das columnas.
    • O friso está decorado por unha alternancia de tríglifos e métopas. Para algúns autores, os tríglifos poden ser unha reminiscencia das cabezas das trabes de madeira que cargaban sobre o arquitrabe cando os templos eran de madeira, antes de realizarse en pedra. Aparentan tres estrías verticais, mentres as métopas adoitan amosar esculturas con episodios mitolóxicos en altorrelevo.
    • A cornixa remata a orde arquitectónica cunha estrutura que voa.
  1. Spawforth (2007), p. 62
  2. Spawforth (2007), p. 228
  3. Fernández (2014)
  4. Ocampo, Estela (1988). Diccionario de términos artísticos y arqueológicos. Barcelona: Icaria Editorial. p. 85. ISBN 84-7426-191-0. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fernández Uriel, Pilar (2014). Historia antigua universal II. El mundo griego (edición dixital). Madrid: UNED. ISBN 978-84-362-6837-9. 
  • Lajo, Rosina (2001). Léxico de arte (4ª ed.). Madrid: Akal. ISBN 84-460-0924-2. 
  • Spawforth, Tony (2007). Los templos griegos. Col. Grandes temas. Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-2569-6. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]