El Orensano (Buenos Aires)
| El Orensano | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
El Orensano foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1944 e 1945.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Órgano oficial do Centro Ourensán de Buenos Aires, apareceu o 14 de novembro de 1944. Cando o Centro Ourensán se separou da Federación de Sociedades Gallegas, decidiu publicar o seu propio periódico. Publicación bilingüe de periodicidade irregular, estaba dirixida por Rodolfo Prada. Desde o primeiro número aparece explícita a posición republicana e galeguista do Centro. Contou coa participación de F. Portela, Francisco A. de Nóvoa, J. González Ledo, Manuel Linares Rivas, Vázquez da Xesta, Castelao, Antón Alonso Ríos, Emilio Pita, Fermín Bouza-Brey, José Moreno Villa, Ken Keirades, Manuel Lugrís, Moisés da Presa, Ramón Otero Pedrayo, Xerardo Álvarez Gallego, Xosé Filgueira Valverde e Xosé Núñez Búa. Cesou a súa publicación co número 28 o 8 de decembro de 1945, foi continuado por Opinión Gallega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Orensano, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Orensano, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.