Situada na zona nordés do concello, limita ao norte coas parroquias de Somado e de Muros (esta última no concello homónimo), ao leste con Sotu'l Barcu, ao sueste coa de Riberas, no concello anterior; ao sur con Fenoyeda (Candamu) e Pronga, ao suroeste coa de Pravia e ao oeste coas de Escureu e Villafría.[2]
O nome Santianes deriva do latín Sancti Ioannis (San Xoán), a quen se lle dedica o templo prerrománico da localidade. Unha das teorías está vencellada co nacemento de Pravia, a Flavium Avia romana. Nos arredores de Pravia e Santianes consérvase unha vila romana en La Magdalena de la Llera e o ronsel dun personaxe togado en Los Cabos. Atopáronse moedas romanas e outros obxectos na contorna do castro de Doña Palla.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
Igrexa prerrománica de Santianes.Museo de Santianes.
Amais de destacaren os hórreos e paneiras asturianos de madeira de castiñeiro, outros lugares de interese son:
A Igrexa de San Xoán, prerrománica, construída no século VIII durante o reinado de Silo. Este e a súa esposa, a raíña Adosinda, fixeron de Santianes a capital do reino asturiano.
En xullo de 2007 inaugurouse xunto á igrexa o Museo de Santianes.