Oliviero Toscani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oliviero Toscani, nado en Milán o 28 de febreiro de 1942, é un fotógrafo italiano, recoñecido principalmente polas súas campañas publicitarias diseñadas para a marca de roupa Benetton, as cales provocaron controversia nas décadas de 1980 e 1990.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou fotografía en Zúric entre 1961 e 1965. Entre 1982 e 2000, Toscani traballou para Benetton, contribuíndo ó crecemiento da marca United Colors of Benetton ata ser unha das marcas máis recoñecidas mundialmente.

Unha das súas campañas máis famosas incluía unha fotografía dun enfermo da SIDA agonizando nunha cama de hospital, rodeado da súa familia doente. Outras, incluían alusións ó racismo, a guerra, a relixión e a pena capital. En 1990, Toscani fundou a revista Colors (propiedade de Benetton), xunto co deseñador gráfico Tibor Kalman. Baixo o lema "unha revista sobre o resto do mundo", Colors explotaba o multiculturalismo prevalecente na época, así como as campañas publicitarias de Benetton. A liña editorial era independente da marca de roupa. En 1993, Toscani creou Fabrica, un centro de investigación sobre a arte na comunicación; e encargou o deseño ó arquitecto xaponés Tadao Ando.

En 2005, Toscani levantou polémicas novamente, cando fixo fotografías para a campaña publicitaria da marca de roupa masculina "Ra-Re". Os retratos aludían á homosexualidade masculina, dun modo que afervoou a diversos grupos que debatían os dereitos homosexuais.

Ademais de traballar con Benetton, Toscani foi o diseñador de campañas publicitarias para Esprit, Valentino, Chanel e Fiorucci. As campañas de Toscani gañaron catro veces o premio Lion d'Or no Festival de Cannes. Persoalmente, Toscani recibíu, entre outros premios, o UNESCO Grand Prix, e dúas veces o premio Grand Prix d'Affichage. Tivo exposicións individuais, en orde cronolóxico, nas cidades de Venecia, São Paulo, Milán, cidade de México, Helsinki, Roma e outras catorce cidades.