Pedro Lamas Cerezales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Lamas Cerezales
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor em Wikidata (109/110 anos)
Canteixeira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Pedro Lamas Cerezales, coñecido como Pedrín, nado en Canteixeira (Valboa) en 1914, foi un guerrilleiro antifranquista berciano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, xunto co seu irmán máis vello Gerardo uniuse ao grupo de fuxidos encabezado por David Fuentes "Velasco" que actuou na zona da Veiga, Valcarce, Valboa e Pedrafita do Cebreiro. Asistiu co seu irmán Gerardo ao Congreso de Ferradillo. Foi o único guerrilleiro que logrou fuxir no enfrontamento do 7 de maio de 1943 en Canteixeira, onde morreu o seu irmán Gerardo e outros guerrilleiros. Despois marchou á provincia de Lugo. Integrado nun grupo guerrilleiro con Manuel Gutiérrez Abella, Edelmiro Alonso García, Oliveros Fernández Armada e Adoración Campo Canedo, tivo un enfrontamento coa Garda Civil en Castiñeiras o 27 de outubro de 1948 que lle custou a vida ao garda Sabas Andrés Salazar. A Garda Civil detivo ao día seguinte a varios veciños de Castañeiras entre eles a Vicenta López Digón, enlace da guerrilla, e o seu fillo Jesús Camuñas López que acolleran aos guerrilleiros na súa casa, e foron asasinados esa noite.[1] Pedro logrou pasar a Francia en 1948.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La ARMH exhumará a una madre y a su hijo asesinados en Villafranca por la Ley de Fugas". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2021. Consultado o 14 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]