Hilario Álvarez Méndez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 ![]() Ponferrada, España ![]() |
Morte | 17 de marzo de 1949 ![]() Vilasinde, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Outros nomes | Bienvenido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Membro de | |
Participou en | |
24 de abril de 1942 | Congreso de Ferradillo ![]() |
![]() |
Hilario Álvarez Méndez, coñecido como Bienvenido, nado en Ponferrada en 1907 e finado en Vilasinde (A Veiga de Valcarce) o 17 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Electricista.[1] Afiliado ás Juventudes Socialistas, foi presidente comarcal en Ponferrada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Estaba en Casaio dende 1941. En abril de 1942 participou no congreso de Ferradillo no que se fundou a Federación de Guerrillas de León-Galicia, onde foi designado responsable da I Agrupación con Miguel Cuellas Gómez "Artillero". A súa compañeira Alberta Viñales Martínez "Chartrade" incorporouse ao grupo en 1945. Permaneceu fóra da disciplina do Exército Guerrilleiro de Galicia. A finais de 1948 marchou á fronteira das provincias de Lugo e León cos cenetistas Abelardo Macías Fernández e Victorino Nieto Rodríguez, o comunista Oliveros Fernández Armada e Alpidia García Moral. O 17 de marzo de 1949 estaban en Vilasinde na Veiga de Valcarce, onde foi sorprendido o grupo e foi asasinado xunto con Abelardo Macías e Alpidia García; Victoriano Nieto e Oliveros Fernández lograron fuxir. A súa compañeira Alberta Viñales Martínez logrou saír de España en 1949.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 60. ISBN 84-8485-231-8.