Saltar ao contido

O sol do verán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O sol do verán
 Título
O sol do verán Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Forma artística
 Lingua
Autoría
 Autor/a
Publicación
 Data de publicación
19 de abril de 2002 Editar o valor en Wikidata
 País de orixe
 Premios
Identificadores
OCLC52546533 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O sol do verán é unha novela en lingua galega do ourensán Carlos Casares Mouriño, conformada por nove capítulos e publicada por vez primeira pola Editorial Galaxia en 2002[1], algo máis dun mes despois do pasamento do escritor.

Descrición

[editar | editar a fonte]

No relato, ambientado en 1968, Carlos, o protagonista, que comparte nome, data de nacemento e ata a marca da motocicleta (Harley-Davidson) co autor do libro, suicídase pegándose un tiro na cabeza na bañeira. Helena (coprotagonista), amiga da infancia, rememora o tempo que pasaron xuntos nos veráns no Carpazal. A acción desenvólvese en Galicia (Beiro, Bóveda, Allariz, Ourense, Tarascón…)

Outros personaxes do texto son: Arturo, marido de Helena; Carmela e Indalecio, pais de Helena; Mercedes e Adolfo, tíos de Helena; Mariví, irmá de Helena; Amparo, noiva de Carlos; Leopoldo e Elisa, pais de Carlos; Anselmo, Delfina e Susa, criados, e Rafaela, avoa de Helena.

Na obra aparecen varias referencias culturais contemporáneas (José María Pemán, o xornal ABC, o profesor Aranguren, os monos de Gibraltar…)

A verdade de ser e de sentir
         Albert Camus   (cita inicial).

Edicións

[editar | editar a fonte]

Casares entregoulle a Damián Villalaín,[2] subdirector da editorial, a versión definitiva da novela xustamente o día do seu falecemento.[3] O libro rematouse de imprentar nos talleres de Obradoiro Gráfico no Polígono Industrial do Rebullón, de Mos, o 19 de abril de 2002. Saíu á venda o Día Internacional do Libro e presentouse ao público o 8 de maio.[3]

En 2003 foi traducido ao castelán, publicado pola Editorial Alfaguara[4] e en 2004 editouse en castelán en braille, pola ONCE.[5]

  1. "Imaxe da portada da 1ª ed. Na colección «Literaria»". Arquivado dende o orixinal o 17/08/2016. Consultado o 15/07/2016. 
  2. Riveiro Coello, A. (2017). Carlos Casares. O neno que quería xogar co mundo. La Voz de Galicia. ISBN 978-84-9757-313-9. 
  3. 3,0 3,1 "A derradeira novela de Carlos Casares". La Voz de Galicia (en castelán). 8/5/2002. Arquivado dende o orixinal o 21/12/2016. Consultado o 16/12/2016. 
  4. Imaxe da portada da edición en castelán, de Alfaguara
  5. Biblioteca de Tradución Galega Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine. Universidade de Vigo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]