Saltar ao contido

Mona de Xibraltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mona de Xibraltar
Macaca sylvanus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
M. sylvanus Editar o valor en Wikidata
Características
 Ciclo diurno
Taxonomía
 Combinación orixinal
 Sinónimo taxonómico
Datas
 Duración máxima de vida
29.1 a Editar o valor en Wikidata
Conservación
Especie en perigo
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaCercopithecidae
XéneroMacaca
EspecieMacaca sylvanus Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Macaca sylvanus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02fcg6 Editar o valor en Wikidata
ITIS573027 Editar o valor en Wikidata
OTT689645 Editar o valor en Wikidata
UICN12561 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A mona de Xibraltar,[1] (Macaca sylvanus), é unha especie de primate catarrino da familia dos cercopitécidos (Cercopithecidae) que se encontra actualmente nalgunhas zonas reducidas dos Montes Atlas (norte de África e na Rocha de Xibraltar, no sur da Península Ibérica).

É o único primate, á parte do home, que pode encontrarse actualmente en liberdade en Europa, e o único membro do xénero Macaca que vive fóra de Asia.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un cuadrúpede de escaso tamaño, nunca superior aos 75 cm de lonxitude, e de até 13 kg de peso. Ten o corpo recuberto de pelo de cor parda amarelada, lixeiramente agrisada nalgúns individuos. A cara, os pés e as mans son de cor rosada. A cola é vestixial, e pouco apreciábel a distancia. Os machos son maiores que as femias.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

As monas de Xibraltar son animais diúrnos e omnívoros, que viven en bosques mixtos de até algo máis dos 2.100 m sobre o nivel do mar. Móvense constantemente á busca de froitas, follas, raíces ou insectos, en grupos de entre 10 e 30 individuos de estrutura matriarcal, dirixidos por unha femia vella.

Tras catro ou cinco meses de xestación, as femias paren unha cría (dúas, en casos excepcionais) que son coidadas tanto pola nai como polo pai. Maduran sexualmente aos 3 ou 4 anos de idade e poden vivir unha vintena de anos.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Estímase que a poboación total na actualidade é de 1.200 a 2.000 individuos. O seu número decrece conforme se van tallando os bosques do Atlas, o seu hábitat principal, e actualmente se considera unha especie en estado vulnerábel.[2]

Mentres que no norte de África se considera case unha alimaña (en gran parte debido aos prexuízos islámicos contra os monos, reflectidos no Corán), en Xibraltar considérase case como unha mascota non oficial, paseando sen inmutarse polos parques e tellados das casas e alimentada tanto polas autoridades como polos cidadáns.

A orixe desta pequena poboación é un misterio, pero parece claro que foi introducida. Aínda que durante o Plistoceno houbo momentos en que esta especie habitou en toda Europa (chegando polo norte até Alemaña e Inglaterra) e as costas mediterráneas, decreceu rapidamente coa chegada das glaciacións até extinguirse na Península Ibérica hai uns 30.000 anos.

Crese que puido volver en estado domesticado e que despois se asilvestrou. En calquera caso, a súa presenza na Rocha está documentada desde antes de que fora conquistado polos ingleses en 1704.

En Xibraltar

[editar | editar a fonte]

Como parte do patrimonio de Xibraltar, a alimentación e supervivencia das monas foron responsabilidade da Royal Navy até 1991, en que foi cedida ao goberno xibraltareño. A tradición popular di que mentres as monas persistan en Xibraltar, este seguirá baixo dominio británico, polo que se chegou ao punto de que, durante a segunda guerra mundial, cando se temía unha posíbel invasión hispano-xermana, o propio primeiro ministro británico Winston Churchill ordenou traer varias ducias de espécimes do norte de África para asegurar a súa exigua poboación.[Cómpre referencia] Nos últimos tempos a poboación de monas aumentou, chegando hoxe a uns 300 individuos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mona.
  2. Butynski, T. M.; Cortes, J.; Waters, S.; Fa, J.; Hobbelink, M. E.; van Lavieren, E.; Belbachir, F.; Cuzin, F.; de Smet, K.; Mouna, M.; de Iongh, H.; Menard, N. & Camperio-Ciani, A. (2008): Macaca sylvanus UICN 2008. Lista Vermella de Especies Ameazadas UICN.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Groves, C. (2005): Mammal Species of the World. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4
  • Hogan, C. Michael (2008): "Barbary Macaque: Macaca sylvanus". GlobalTwitcher.com

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]