O doutor Glas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O doutor Glas
Páxina de título da edición sueca
Título orixinalDoktor Glas
Autor/aHjalmar Söderberg
OrixeSuecia
LinguaSueco
Xénero(s)Novela
Data de pub.1905
Primeira edición galega
TraduciónDavid A. Álvarez Martínez
EditorialIrmás Cartoné
Data de pub.2023
Páxinas192 páxinas
editar datos en Wikidata ]

O doutor Glas (sueco: Doktor Glas) é unha novela epistolar de Hjalmar Söderberg, publicada orixinalmente no 1905. Conta a historia dun médico na Suecia decimonónica, e trata temas como a moral e o amor.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O protagonista da obra, o doutor Tyko Gabriel Glas, é un respectado médico de Estocolmo. A trama artéllase na forma dun diario, narrando as dificultades do doutor Glas coa depresión. O antagonista é o reverendo Gregorius, un crego moralmente corrompido. A fermosa esposa do eclesiástico confesa os seus problemas maritais ao doutor quen, namorado dela, acepta axudala. Porén, Gregorius rexeita renunciar aos seus "dereitos maritais". En consecuencia, a muller comeza a planificar o asasinato do seu home.[1][2]

Temas[editar | editar a fonte]

A novela trata temas coma o adulterio, os dereitos das mulleres, o suicidio, o aborto e a eutanasia.[2] A obra suscitou unha violenta campaña contra o seu autor, que foi vilipendiado polos círculos literarios suecos.

Precuela[editar | editar a fonte]

No 2004, o escritor sueco Bengt Ohlsson escribiu un libro titulado Gregorius, no que amplía a historia desta personaxe, explicando as orixes da súa personalidade corrupta na novela de Söderberg.[3]

Adaptacións[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Doctor Glas by Hjalmar Söderberg". Book Around the Corner (en inglés). 2017-12-29. Consultado o 2024-03-07. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "O doutor Glas, Hjalmar Söderberg – Irmás Cartoné". Consultado o 2024-03-07. 
  3. "Gregorius". Albert Bonniers Förlag. Consultado o 2024-03-07. 
  4. Carlsten, Rune (1942-11-30). "Doktor Glas". Consultado o 2024-03-07. 
  5. Zetterling, Mai (1968-06-12). "Doktor Glas". Consultado o 2024-03-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]