Mai Zetterling
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de maio de 1925 Västerås |
| Morte | 17 de marzo de 1994 Londres |
| Causa da morte | cancro |
| Actividade | |
| Ocupación | directora de cinema, actriz de teatro, guionista, actriz de cinema |
| Período de actividade | 1941 |
| Profesores | Calle Flygare (pt) |
| Participou en | |
| 1976 | 1976 Cannes Film Festival (en) |
| 1973 | 1973 Cannes Film Festival (en) |
| 1968 | 1968 Cannes Film Festival (en) |
| 1965 | 1965 Cannes Film Festival (en) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Tutte Lemkow (1944–1953) |
| Descrito pola fonte | Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) The St. James women filmmakers encyclopedia |
Mai Zetterling, nada en Västerås en 1925 e finada en Londres o 15 de marzo de 1994, foi unha actriz e directora de cine sueca.[1] debutou no teatro con 17 anos[2] e no cine a partir da década dos corenta. Pronto captou a atención de diversos realizadores británicos, chegando a rodar ata 22 películas nese país. No ano 1948 participou no filme Musik i mörker de Ingmar Bergman.
Os seus inicios na dirección comezaron na década de 1960 con varios documentais da BBC. A súa primeira longametraxe, Alskande par (1964) foi nomeada para a Palma de ouro. A súa segunda cinta, Nattlek (1966) foino para o León de ouro do Festival Internacional de Cine de Venecia.
Ao longo da súa carreira continuou a traballar como actriz, guionista e directora de cine. Tamén escribiu libros infantís, relatos curtos e novelas.[2]
Escolma filmográfica
[editar | editar a fonte]- Alskande par ( 1964)
- Nattlek (1966)
- Doktor Glass (1967)
- Flickorna ( 1968)
- Visions of Eight (1973), documental sobre as olimpíadas de Munic.
- Love (1982)
- Amorosa (1986)
- The Witches (1990)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Obituary: Mai Zetterling". The Independent (en inglés). 19 de marzo de 1994.
- 1 2 Collins, Glenn (19 de marzo de 1994issn=0362-4331). "Mai Zetterling, 68, Film Actress With a Second Career in Directing". The New York Times (en inglés).
- ↑ "Mai Zetterling". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.