O Gran Camiño
Nome oficial | Gran Camiño (2022–) O Gran Camiño (2022–) |
---|---|
Tipo | carreira por etapas |
Deporte | ciclismo en ruta |
Localización e Datas | |
Localización | Galicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9Coordenadas: 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 |
País | España |
Vixencia | 2022 – |
Calendario da tempada | febreiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | ograncamino.gal |
O Gran Camiño é unha carreira ciclista galega por etapas, creada en 2022. Forma parte do UCI Europe Tour.
Historia
[editar | editar a fonte]A carreira naceu grazas á iniciativa do exciclista galego Ezequiel Mosquera e ao seu esforzo por volver ter unha carreira ciclista profesional en Galicia máis de 20 anos despois, dende que a Volta ciclista a Galicia perdese a condición de profesional no ano 2000.[1] En novembro de 2021 Mosquera asinou un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a organización en febreiro de 2022 dunha carreira de catro etapas, co nome de "O Gran Camiño".[2]
A primeira edición da proba contou con 18 equipos, 4 deles da máxima categoría mundial, e a participación destacada de Alejandro Valverde, no ano da súa retirada.[3] O estradense Alejandro Marque portou o dorsal número 1 e o dinamarqués Magnus Cort gañou a primeira etapa, disputada entre O Porriño e Vigo.[4][5] Alejandro Valverde converteuse no primeiro vencedor do Gran Camiño, con sete segundos de vantaxe sobre o segundo, o canadense Michael Woods.[6]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Ano | Ciclista | Equipo |
---|---|---|
2022 | Alejandro Valverde | Movistar Team |
2023 | Jonas Vingegaard | Team LottoNL-Jumbo |
2024 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pena, Héctor (24 de febreiro de 2022). "A Volta á Galiza rexorde das súas cinzas 22 anos despois". Nós Diario. Consultado o 24 de febreiro de 2022.
- ↑ "A Xunta apoia a volta ciclista “O Gran Camiño” como escaparate do Xacobeo e de Galicia como destino seguro". Xunta de Galicia. 16 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2022. Consultado o 13 de febreiro de 2022.
- ↑ Álvarez, Armando (16 de febreiro de 2022). "Valverde ilumina O Gran Camiño". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2022.
- ↑ "Álex Marque e Delio Fernández estrearanse en Galicia no Gran Camiño". CRTVG. 22 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022.
- ↑ "Magnuss Cort Nelsen, primeiro gañador do Gran Camiño". CRTVG. 24 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022.
- ↑ "Valverde, o peregrino máis rápido no primeiro Gran Camiño". Televisión de Galicia. 27 de febreiro de 2022. Consultado o 27 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial
- Datos sobre a carreira en cqranking.com (en inglés).
- Datos sobre a carreira en firstcycling.com (en inglés).
- Datos sobre a carreira en procyclingstats.com (en inglés).