O UCI Europe Tour é unha das competicións de ciclismo en ruta masculino na que está dividida os Circuítos Continentais UCI. Como indica o seu nome, fai referencia ás competicións ciclistas profesionais realizadas en Europa que están dentro destes Circuítos Continentais así como aos equipos ciclistas Profesionais Continentais (segunda categoría) e Continentais (terceira categoría) rexistrados en dito continente.
A calidade e complexidade das competicións é o que determina a categoría da mesma e a cantidade de puntos outorgados aos gañadores. As categorías da UCI por nivel que se disputan neste Tour son:
Probas de etapas: 2.HC, 2.1, 2.2 e 2.NCup
Probas dun día: 1.HC, 1.1, 1.2 e 1.NCup
Campionatos Continentais: CC
Campionatos nacionais que tamén son puntuables aínda que non estean no calendario.
Na seguinte táboa amósanse as carreiras .HC (máxima categoría deste circuíto) da actualidade. Para velas todas entrar no seguinte enlace: Carreiras do UCI Europe Tour 2016