O Gran Camiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Gran Camiño
Fundación2022
RexiónGalicia Galicia
Actual campiónEspaña Alejandro Valverde
Máis laureadoEspaña Alejandro Valverde (1)
TelevisiónTVG
OrganizadorEMESPORTS
DataFebreiro
Sitio webograncamino.gal
O Gran Camiño 2022

O Gran Camiño é unha carreira ciclista galega por etapas, creada en 2022. Forma parte do UCI Europe Tour.

Historia[editar | editar a fonte]

A carreira naceu grazas á iniciativa do exciclista galego Ezequiel Mosquera e ao seu esforzo por volver ter unha carreira ciclista profesional en Galicia máis de 20 anos despois, dende que a Volta ciclista a Galicia perdese a condición de profesional no ano 2000.[1] En novembro de 2021 Mosquera asinou un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a organización en febreiro de 2022 dunha carreira de catro etapas, co nome de "O Gran Camiño".[2]

A primeira edición da proba contou con 18 equipos, 4 deles da máxima categoría mundial, e a participación destacada de Alejandro Valverde, no ano da súa retirada.[3] O estradense Alejandro Marque portou o dorsal número 1 e o dinamarqués Magnus Cort gañou a primeira etapa, disputada entre O Porriño e Vigo.[4][5] Alejandro Valverde converteuse no primeiro vencedor do Gran Camiño, con sete segundos de vantaxe sobre o segundo, o canadense Michael Woods.[6]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Ciclista Equipo
2022 España Alejandro Valverde Movistar Team

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pena, Héctor (24 de febreiro de 2022). "A Volta á Galiza rexorde das súas cinzas 22 anos despois". Nós Diario. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  2. "A Xunta apoia a volta ciclista “O Gran Camiño” como escaparate do Xacobeo e de Galicia como destino seguro". Xunta de Galicia. 16 de novembro de 2021. Consultado o 13 de febreiro de 2022. 
  3. Álvarez, Armando (16 de febreiro de 2022). "Valverde ilumina O Gran Camiño". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  4. "Álex Marque e Delio Fernández estrearanse en Galicia no Gran Camiño". CRTVG. 22 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  5. "Magnuss Cort Nelsen, primeiro gañador do Gran Camiño". CRTVG. 24 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  6. "Valverde, o peregrino máis rápido no primeiro Gran Camiño". Televisión de Galicia. 27 de febreiro de 2022. Consultado o 27 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]