Río Santa Lucía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Santa Lucía
Río santa lucía.jpg
O río Santa Lucía pasando por San Ramón, Canelones.
País Uruguai
Rexión n/d
Nacemento Serra de Minas
Altitude n/d
Lonxitude 248 km
Caudal medio 2.700 m³/s
Conca 14.200 km²
Desembocadura Río da Prata

O Santa Lucía é o principal río do sur do Uruguai. A súa lonxitude é de 248 km e a súa cunca abrangue 14.200 km². Nace nunha vertente occidental das serras do departamento de Lavalleja, preto de Minas. Gran parte do seu curso funciona de límites entre os departamentos de Florida e Canelones, posteriormente entre este e San José e no seu último treito separa San José de Montevideo. Desemboca no Río da Prata, formando un pequeno delta onda a Illa do Tigre. Os seus principais afluentes son os ríos Santa Lucía Chico e San José, pero ten ademais 200 arroios e máis de 1000 cañadas. En chegando á súa desembocadura, o río ten un caudal medio de 28.000 L/s.

Na localidade de Aguas Corrientes atópase a depuradora de auga de O.S.E. que, aproveitando o leito do río, abastece de agua potable á cidade de Montevideo e a grande parte do sur do país.