Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Os catro reinos de Andalucía e as Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena (estas, en cor verde clara).

As Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena foron unha intendencia española (provincia) cuxa creación se iniciou contra 1767, durante o reinado de Carlos III, e que foi suprimida en 1813.[1]

Durante a súa existencia foi a "quinta provincia andaluza", co mesmo nivel político e administrativo que os catro reinos de Andalucía: Córdoba, Xaén, Sevilla e Granada.

Creación[editar | editar a fonte]

A súa creación débese a un proxecto ilustrado elaborado por Campomanes e encomendado a Pablo de Olavide, que consistía en poboar as grandes extensións despoboadas existentes no curso do Camiño Real de Andalucía: o deserto de Serra Morena ou da Peñuela, no Reino de Xaén, o deserto da Parrilla, entre Córdoba e Écija e o deserto da Monclova, entre Écija e Carmona.[2] O obxectivo era favorecer a seguridade do tránsito das persoas e mercadorías que circulaban polo camiño de Andalucía, especialmente dos perigos derivados do bandolerismo.

Para iso fomentouse neses lugares a agricultura e a industria, atraendo colonos centroeuropeos católicos, principalmente alemáns, flamengos e suízos. Os primeiros colonos foron traídos polo aventureiro bávaro Johann Kaspar von Thürriegel. Ao finalizar o seu contrato, en xullo de 1769, Thürreiegel introducira algo máis de sete mil colonos; precisamente aqueles cos que Pablo de Olavide puxo en marcha as Nuevas Poblaciones.[3]

A iniciativa pretendía implantar unha nova organización social, liberada en certo modo das restricións xurisdicionais do Antigo Réxime. A repoboación debía permitir tamén a posta en cultivo de terras abandonadas nun momento no que a liberación do comercio de cereais provocara unha importante alza de prezos. Para iso redactouse o Foro das Novas Poboacións,[4] que regulaba os aspectos da vida económica e social dos colonos.

Articulo 5. El primer cuidado del Superintendente de dichas poblaciones debe estar en elegir los sitios en que se han de establecer, y en que sean sanos, bien ventilados, sin aguas estadizas que ocasionen intemperie; haciendo levantar un plan para que, de este modo, en todas las dudas que ocurran, tenga a la vista la posición material de los terrenos, y se pueda hacer cargo de ella.
Artículo 75. No habrá estudios de Gramática en todas estas nuevas poblaciones, y mucho menos de otras Facultades mayores, en observancia de lo dispuesto en la ley del Reyno, que con razón les prohibe en lugares de esta naturaleza, cuyos moradores deben estar destinados a la labranza, cría de ganados, y a las artes mecánicas, como nervio de la fuerza de un Estado...[5]

Os novos asentamentos humanos non recibiron o nome de cidade, vila ou lugar, senón que se coñecían como feligresías (freguesías) e aldeas e, todas en conxunto, como "Nuevas Poblaciones". A capitalidade da intendencia e sede do intendente estableceuse en La Carolina, cuxa construción xa estaba finalizada en 1770, e en La Carlota.

Coa caída de Pablo de Olavide, o 22 de marzo de 1795, Tomás González Carvajal foi nomeado intendente das Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena.

As Poboacións[editar | editar a fonte]

No Reino de Xaén as novas poboacións foron as seguintes: Aldeaquemada, Arquillos, Carboneros, La Carolina, Las Correderas, Guarromán, Miranda del Rey y Magaña, Montizón, Navas de Tolosa, Rumblar e Santa Elena].[6] La Concepción de Almuradiel, pola súa parte, estaba encravada en La Mancha.

A fregueresía de La Carolina contaba con tres aldeas: Los Cuellos, Camino de Granada e Vista Alegre. A de Carboneros, con tres: El Acebuchal, La Mesa de Carboneros e Escolástica. Guarromán, con outras tres: Arellano, Martin Malo e Los Ríos. Arquillos, con unha: El Porrosilo. Montizón, con dúas: Aldeahermosa e Venta de los Santos. Aldeaquemada con dúas: Buenos Aires y Santa Cruz. Santa Elena con unha: Aldeanueva. Miranda del Rey, con unha: Magaña. As Navas de Tolosa, con unha: Fuerte del Rey.

No Reino de Córdoba e no Reino de Sevilla creáronse as novas poboacións de: La Carlota, La Luisiana, Fuente Palmera, San Sebastián de los Ballesteros e a aldea de San Calixto], na Serra de Tardón (termo municipal de Hornachuelos). O enxeñeiro militar José de Ampudia y Valdés realizou en 1761 o plano topográfico da Serra de Tardón.[7]

A feligresía de La Carlota contaba con cinco aldeas: La Fuencubierta, Garabato, Pinedas, Pequeña Carlota e Vaneguillas. A de Fuente Palmera, con sete: Aldea del Río, Fuente Carreteros, La Herrería, Los Silillos, Peñalosa, Villalón e La Ventilla. La Luisiana, pola súa parte, contaba con tres aldeas: Cañada-rosal, El Campillo e Motillos.

Noutros lugares do reino de Sevilla afastados do Camiño Real de Andalucía creáronse outras poboacións similares, aínda que no formaron parte das Novas Poboacións Andalucía e Serra Morena nin gozaron dos seus foros. Estas poboacións foron Prado del Rey e Algar.

Anexo: Decreto CCXLIII, de 14 de marzo de 1813[editar | editar a fonte]

Se suprime la Intendencia de las nuevas poblaciones de Andalucía y Sierra-morena: medidas para la formación de sus Ayntamiento y designación de su territorio, dehesas etc.

La Cortes generles y extraordinarias, conformándose con el dictamen de la Regenia del Reino, han tenido á bien decretar lo siguiente:

I. Queda suprimida la Intendencia de las nuevas poblciones de Andalucía y de Sierra-morena, así como todos lo empleos que por esta disposición resulten inútiles en ellas; corriendo las poblaciones de Andalucía a cargo de la Intendencia de Córdoba, y las de Sierra-morena al de la de Jaen, en cullo territorio de hallan.
II. Los gefes políticos respectivos de las provincias de Córdoba y Jaén procederán desde luego á la formación de los Ayuntamientos, que correpondan á dichas poblaiones, confrome á la Constitución y ley de 23 de Mayo.
III. Sin perjuicio de llevar á efecto la formación de los Ayuntamientos, informará la Regencia del Reino sobre las exenciones que convendrá conceder á las nuevas poblaciones, y por qué tiempo, presentando un estado ó noticia del territorio que deberá asignarse á cada Ayuntamiento, y las dehesas ó fondos de porpios y arbitrios que convenga tambien señalarles para los gastos comunes, con todo lo demas que juzgue conducente para promover la prosperidad de dichas nuevas poblaciones.
Lo tendrá entendido la Regencia del Reino, y dispondrá lo necesario á su cumplimiento, haciéndolo imprimir, publicar y circular.
Dado en Cádiz á 24 de Marzo de 1813.
Joaquin Maniau, Presidente.
Juan María Herrera, Diputado Secretario.
Josef María Couto, Diputado Secretario.
A la Regencia del Reino.

Reg. lib. 2, fol. 142.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Decreto CCXLIII, de 2 de marzo de 1813.
  2. ADN: La colonización de Sierra Morena
  3. Nuevas Poblaciones de Sierra Morena y Andalucía[Ligazón morta]
  4. Real Cédula de su Magestad y señores de su Consejo que contiene la Instrucción y fuero de población, que se debe observar en las que se formen de nuevo en la Sierramorena con nativos y estrangeros Católicos, año 1767 en Madrid. mcu.es Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.
  5. Quirós, Bernaldo de (1986): Colonización y Subversión en la Andalucía de los s. XVIII-XIX. Sevilla: Editoriales Andaluzas Unidas, S.A. andalucia.cc ADN
  6. Mapa en[Ligazón morta]
  7. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliogrfía[editar | editar a fonte]

  • Alcázar Molina, Cayetano (1930): Las colonias alemanas de Sierra Morena. Notas y documentos para su historia. Madrid: Impr. sucs. de Rivadenayra.
  • Hamer, Adolfo (2009): La Intendencia de las Nuevas Poblaciones de Sierra Morena y Andalucía, 1784-1835. Gobierno y administración de un territorio foral a fines de la Edad Moderna. Córdoba: Universidad de Córdoba y CajaSur Publicaciones. ISBN 978-84-7801-982-3.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]