Catro reinos de Andalucía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os catro reinos de Andalucía.

Os catro reinos de Andalucía é a denomincación conxunta que recibían antano os catro reinos da Coroa de Castela situados no mediodía da Península Ibérica, ao sur de Serra Morena. Por orde de conquista, estes catro reinos eran: o Reino de Córdoba (1236), o Reino de Xaén (1246), o Reino de Sevilla (1248) e o Reino de Granada (1492). Os reinos ocupaban case a mesma extensión que a actual comunidade autónoma española de Andalucía.

Inicialmente os reinos de Andalucía ou as Andalucías eran os tres reinos reconquistados no século XIII por Fernando III O Santo, até que no século XVIII se xeneralizou tamén o termo Andalucía para referirse ao Reino de Granada.

Esta denominación utilizouse nalgúns ámbitos polo menos desde mediados do século XVIII.[1][2]

Algunhas obras e documentos que utilizan esta denominación son os Juzgados militares de España y sus Indias.[3] de 1792, o Prontuario de las leyes y decretos del Rey nuestro Señor Don José Napoleon I,[4] de 1810 e Breves tratados de esfera y geografía universal[5] de 1833, entre moitas outras.

Algúns autores, como o historiador Antonio Domínguez Ortiz, indicaron a conveniencia metodolóxica de propor estes "Catro Reinos" como marco adecuado para o enfoque da historia andaluza.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Os catro reinos de Andalucía no contexto xeral das provincias da Coroa de Castela.
  1. Pablo de Olavide foi "Intendente del Ejército de los cuatro reinos de Andalucía" Arquivado 01 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine..
  2. Nas "Respuestas generales del Catastro de Ensenada de Gelo del Cabildo, lugar del reino de Sevilla", datadas en 1751, pode lerse o nome de José María de Mendoza y Guzmán, daquela visitador xeral das "Rentas Provinciales de los cuatro Reinos de Andalucía". Véxase na dixitalización de ditas respotas no sitio do Ministerio de Cultura. Escríbase "Gelo" na ferramenta "Buscador Localidades" e véxase a imaxe nº 3.
  3. Colón de Larriátegui, Félix (1792): Juzgados militares de España y sus Indias. Madrid: Impr. de la viuda de D. Joaquín Ibarra. [1]
  4. Imprenta Real (1810): Prontuario de las leyes y decretos del Rey nuestro Señor Don José Napoleon I Capítulo = Decreto para la creación de una Guardia Cívica en los quatro reynos de Andalucía
  5. Losada, Juan Cayetano (1833): Breves tratados de esfera y geografía universal. Madrid: Ibarra. [2]
  6. Domínguez Ortiz, Antonio (1981): Andalucía en la Edad Moderna, en "Revista de Estudios Regionales", núm. Extraordinario, vol. III. Málfa: Universidade de Málaga.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]