Norwegian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Norwegian Air Suttle ASA
IATA
DY
OACI
NAX
Indicativo
NOR SHUTTLE
Fundación22 de xaneiro de 1993
Aeroporto principalAeroporto de Oslo-Gardermoen
Aeroporto de Bergen, Flesland
Aeroporto de Stavanger-Sola
Aeroporto de Moss-Rygge
Aeroporto de Trondheim-Værnes
Aeroporto de Estocolmo-Arlanda
Copenhague-Kastrup
SubsidiariasNorwegian Long Haul
Norwegian Air International
Norwegian Air UK
Norwegian Air Argentina
Frota51 (sen as subsidiarias)
161 (incluíndo as subsidiarias)
Destinos148
DirixentesGeir Karlsen (CEO)
Niels Smedegaard (Presidente)
Páxina web: norwegian.com

Norwegian Air Shuttle ASA (OSE: NAS, código IATA: DY), coñecida simplemente como Norwegian, é unha aeroliña norueguesa de baixo custo con sede en Bærum, nas aforas de Oslo. É a terceira empresa do sector das low-cost en Europa e a aeroliña máis grande de Escandinavia.[1]

A súa principal base de operacións é o Aeroporto de Oslo-Gardermoen, pero tamén conta con bases secundarias en Bergen, Stavanger, Trondheim, Copenhague e Estocolmo, entre outras.

É coñecida pola súa distintiva librea branca con nariz vermello e retratos de personaxes notables nas colas dos seus avións. En 2017 a compañía bautizou un avión Boeing 737-800 co nome de Rosalía de Castro.[2]

Frota[editar | editar a fonte]

En setembro de 2019 a frota de Norwegian Air Shuttle, sen incluír as subsidiarias, estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de Norwegian Air Shuttle
Aeronave En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A321LR - 30 220 Entregas a partir de 2019
Boeing 737-800 45 - 186
189
Boeing 737 MAX 8 6 92 189 Serán distribuídos entre as subsidiarias
Total 51 122

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Norway Today (ed.). "Norwegian become larger than SAS". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2021. Consultado o 8 de novembro de 2017. 
  2. Alfons Claver, Director de Comunicación de Norwegian “Rosalía marcou un camiño” Arquivado 03 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. sermosgaliza.
  3. "Norwegian Air Shuttle Fleet Details and History". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2018-12-10. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.