Nordés (revista)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Nordés.
Nordés | |
---|---|
País | España |
Lugar | A Coruña e Vigo |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1975 |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nordés: revista de poesía y crítica foi unha revista poética bilingüe (galego/castelán) que xorde no ano 1975 da man dos poetas Luz Pozo Garza, Tomás Barros (codirectores) e Isidro Conde Botas como secretario. A súa primeira época durou até 1976.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Na segunda etapa (1980-1993), Luz Pozo dirixiu en solitario, desde Vigo, vinte e dous números máis.
A revista, de índole poético, buscaba tamén certa dose de crítica nos seus escritos. Os colaboradores foron moitos, entre os que destacan Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Eduardo Moreiras, Xosé Neira Vilas, Xosefa Goldar, Francisco Fernández del Riego, Xosé María Álvarez Cáccamo e Celso Emilio Ferreiro, ademais dos xa citados creadores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Nordés". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Monteagudo, Henrique (2005). "Nordés". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Galaxia. pp. 329–330. ISBN 84-8288-137-X.