Nicholas Sparks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNicholas Sparks

Nicholas Charles Sparks no 2006
Biografía
Nacemento(en) Nicholas Charles Sparks Editar o valor em Wikidata
31 de decembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Omaha, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Notre Dame (pt) Traducir
Bella Vista High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria, Prosa, literatura de non ficción, Produción de cinema e film screenwriting (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnovelista , guionista , produtor de cinema , atleta , taekwondista , escritor , guionista de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoNovela
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata

Páxina webnicholassparks.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0817023 Allocine: 69375 Allmovie: p314949
Musicbrainz: e0f72d99-cdcc-43b8-a305-02d7f9a165ed Discogs: 2295995 WikiTree: Sparks-9187 Editar o valor em Wikidata


Nicholas Charles Sparks, nado en Omaha (Nebrasca) o 31 de decembro de 1965, é un escritor de Estados Unidos. Todas as súas novelas alcanzaron o primeiro posto nas listas de best-séllers nos Estados Unidos, o que sitúa a Sparks como un dos autores máis populares do seu país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nicholas Sparks naceu na noite vella de 1965 en Omaha, Nebrasca, fillo de Patrick Michal Sparks, un profesor, e Jill Emma Marie Thoene Sparks, unha ama de casa e asistente dun oftalmólogo. Tiña dous irmáns, Michael Earl "Micah" Sparks (1964–) e Danielle "Dana" Sparks (1966–2000).

De cativo viviu en Minnesota, Os Ánxeles (California) e Grand Island (Nebrasca), antes de cumprir oito anos. En 1974 a súa familia finalmente estableceuse en Fair Oaks, California e continuaron vivindo alí mentres Nicholas ía a secundaria. Graduouse en 1984 na Escola Secundaria Bella Vista, e posteriormente asistiu á Universidade de Notre Dame. Graduouse en Finanzas en 1988.

Nicholas coñeceu á súa esposa Catherine Cole (de Nova Hampshire) durante a primavera de 1988. Casaron en xullo de 1989 e viviron en Sacramento (California). Nicholas traballou en distintos empregos durante os seguintes tres anos, tales como vendedor, camareiro, ou empresario. En 1992, Sparks comezou a vender produtos farmacéuticos e en 1993 foi transferido a New Bern, Carolina do Norte, onde escribiu a súa primeira novela publicada The Notebook.[1]

Actualmente segue residindo en New Bern.

Traxectoria como escritor[editar | editar a fonte]

En 1985 Sparks escribiu a súa primeira novela, The Passing nas súas vacacións estivais, cando estaba na universidade. Nunca foi publicada. En 1989 escribiu a súa segunda novela, tampouco publicada, titulada The Royal Murders. En 1994, durante un período de seis meses, Nicholas escribiu a que sería a súa primeira novela publicada, The Notebook. Foi descuberto pola axente literaria Theresa Park, quen escolleu a The Notebook entre unha chea de manuscritos, leuno, e ofreceuse a representar o seu autor. En outubro de 1995, Park conseguiu un contrato dun millón de dólares polos dereitos de publicación de The Notebook de Time Warner Book Group. A novela foi publicada en outubro de 1996, poñéndose na súa primeira na lista dos libros máis vendidos de The New York Times.

Logo do seu primeiro éxito comercial, escribiu bestsellers internacionais que foron traducidos a trinta e cinco linguas. De momento, tres das súas novelas foron levadas á gran pantalla: Message in a Bottle (1999), A Walk to Remember (2002), e The Notebook (2004).

Novelas[editar | editar a fonte]

  • The Notebook (1996)
  • Message in a Bottle (1998)
  • A Walk to Remember (1999)
  • The Rescue (2000)
  • A bend in the Road (2001)
  • Nights in Rodanthe (2002)
  • The Guardian (2003)
  • The Wedding (2003)
  • The Weeks with My Brother (2004)
  • True Believer (2005)
  • At First Sight (2005)
  • Dear John (2006)
  • The Choice (2007)
  • The Last Song (2009)
  • The Lucky One

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía de Nicholas Sparks" (en inglés). Book Browse. Consultado o 28 de novembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]