Nicéforo I Comneno Ducas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nicéforo I Comneno Ducas
Nacementoc. 1240 e século XIII
Falecementoc. 1297 e século XIII
 Despotado de Epiro
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupacióngobernante
PaiMiguel II Comneno Ducas
NaiTeodora Petralifaina
CónxuxeAnna Palaiologina Kantakouzene
FillosTomé I Comneno Ducas, Thamar Angelina Komnene e sen etiquetar
IrmánsAna Comnena Ducaina, Helena Anxelina Ducaina e Demétrio Ducas Comneno Coutrole
editar datos en Wikidata ]

Nicéforo I Comneno Ducas (en grego: Νικηφόρος Α΄ Κομνηνός Δούκας, Nikēphóros I Komnēnós Dúkas), nado c. 1240 e finado c. 1297, foi o gobernante de Epiro desde 1267/8 até c. 1297.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nicéforo foi o fillo máis vello de Miguel II Comneno Ducas e Teodora Petralifaina. En 1249 Nicéforo casou con María, a neta do emperador Xoán III Ducas Vatatzés de Nicea, que lle conferiu a dignidade de déspota. O matrimonio tivo lugar en Tesalónica en 1256, pero María morreu en 1258.

Nos seguintes anos Nicéforo participou na loita do seu pai contra o emperador Miguel VIII Paleólogo e xunto co seu pai retirouse antes da batalla de Pelagonia. Despois os nicenos invadiron a maior parte de Epiro en 1259, Nicéforo foi á Península Itálica, onde recibiu reforzos do seu cuñado o rei Manfredo de Sicilia. Con este apoio Nicéforo axudou ao seu pai a reconquistar Epiro, pero en 1264 sufriron unha nova derrota, e víronse obrigados a chegar a un acordo con Miguel VIII. Como parte do acordo de paz, Nicéforo casou con Ana Cantacucena, unha sobriña de Miguel VIII.

En 1267/8 Nicéforo I sucedeu ao seu pai como gobernante de Epiro e tivo que facer fronte a Carlos I de Sicilia, que eliminara a Manfredo e seguido os seus pasos mediante a captura de Dirraquio en 1272. Cando os bizantinos interferiron nos intereses de Nicéforo na súa campaña de represalia contra Carlos en 1274, Nicéforo abriu negociacións con Carlos e asinou una alianza con el en 1276. A coalición de Carlos de Anjou, Nicéforo, e o medio irmán de Nicéforo Xoán I Ducas de Tesalia obtiveron varias cidades, incluíndo Butrinto en 1278. Ironicamente, mentres se aliaban cun monarca católico, Nicéforo e Xoán actuaron como defensores da facción anti-unionista de Bizancio, os cales se refuxiaban das persecucións de Miguel VIII. En 1279 Nicéforo mesmo recoñeceuse vasalo de Carlos e entregou Butrinto ao seu señor. Coa derrota de Carlos, pouco despois, Nicéforo perdeu as súas posesións en Albania ante os bizantinos. A coalición recibiu un duro golpe co brote das Vésperas Sicilianas en 1282, que foron fomentados en parte pola diplomacia de Miguel VIII e distraeron a Carlos I no oeste, onde perdeu Sicilia e só conservou o Reino de Nápoles.

Despois da restauración da ortodoxia baixo Andrónico II Paleólogo en 1282, Nicéforo renovou a alianza co Imperio bizantino a través da súa esposa Ana, quen viaxou a Constantinopla para arranxar o tratado. En efecto Nicéforo converteuse nunha ferramenta disposta nas mans da súa esposa Ana, que serviu aos intereses da corte bizantina. En 1284 atraeu a Miguel, o fillo de Xoán Ducas de Tesalia, a Epiro coa promesa dunha alianza dinástica, e fíxoo arrestar e enviar a Constantinopla. Isto fixo entrar a Nicéforo nunha guerra contra o seu medio irmán, que arrasou os arredores de Arta, en represalia en 1285. Ana embarcouse nun ambicioso proxecto de unir as casas de Epiro e Constantinopla casando á súa filla Tamar con Miguel IX Paleólogo, fillo de Andrónico II e coemperador. Aínda que este proxecto fracasou, en 1290 ao seu pequeno fillo Tomé foille conferida a dignidade de déspota polo emperador.

A aristocracia anti-bizantina agora persuadía a Nicéforo a establecer negociacións co rei Carlos II de Nápoles en 1291, o que provocou unha invasión bizantina. Isto selou a alianza con Nápoles, e a intervención de Carlos II por medio dos seus vasalos o conde Ricardo Orsini de Cefalonia e o príncipe de Acaia, Florent axudou a conter o avance bizantino. Nicéforo agora casou á súa filla María co herdeiro de Cefalonia e o seu outra filla Tamar co fillo de Carlos II, Filipe I de Tarento. A Tamar déuselle o dereito a herdar Epiro en lugar do seu irmán, e Carlos II prometeu que se lles permitiría permanecer na fe ortodoxa. A voda tivo lugar en 1294 e contou coa transferencia de varias fortalezas costeiras a Filipe como dote de Tamar. Felipe recibiu simultaneamente os dereitos do seu pai e reclamacións en Grecia.

A inevitábel tensión entre os terratenentes locais gregos e o seu señor Anjou crearon unha oportunidade para o seu sobriño Nicéforo, o gobernante de Tesalia, para intervir e apoderarse da maioría das fortalezas que foran entregadas a Filipe. Eventualmente, a maioría destes foron recuperados polos anxevinos e a paz foi restaurada en 1296. Nicéforo morreu pouco despois da conclusión da paz, entre setembro 1296 e xullo de 1298. A súa viúva Ana aseguraba a sucesión do seu fillo menor de idade Tomé.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Coa súa primeira esposa María, a filla do emperador Teodoro II Láscaris, Nicéforo I tivo unha filla:

  • Catalina, que casou co infante Fadrique de Castela.

Coa súa segunda esposa Ana Cantacucena, a sobriña do emperador Miguel VIII Paleólogo, Nicéforo I tivo dous fillos:

  • Tamar, que casou con Filipe I de Tarento, o fillo do rei Carlos II de Nápoles.
  • Miguel, que foi refén en Nápoles en 1279, pero volveu aos seus pais en 1281. Aparentemente morreu antes que o seu pai.
  • Tomé, que o sucedeu como gobernante de Epiro.
  • María, que casou co conde Xoán I Orsini de Cefalonia (1304-1317); os seus fillos Nicolao Orsini e Xoán II Orsini convertéronse en déspotas de Epiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • The Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, 1991.
  • John V.A. Fine Jr., The Late Medieval Balkans, Ann Arbor, 1987.