Carlo II Tocco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlo II Tocco
Nacementoséculo XIVxuliano
 Zante
Falecemento1448
 Arta
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónaristócrata
PaiLeonardo II Tocco
FillosLeonardo III Tocco e Antonio Tocco
IrmánsTeodora Tocco e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Carlo II Tocco, finado en 1448, foi o gobernante de Epiro desde 1429 até a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlo II era o fillo de Leonardo II Tocco, o irmán máis novo e co-gobernante de Carlo I Tocco, conde de Cefalonia e Zante, duque de Leucas, e gobernante de Epiro. En 1424 Carlo II e as súas irmás foron adoptados polo seu tío Carlo I. A irmá de Carlo II Maddalena Tocco casou co futuro emperador bizantino Constantino XI Paleólogo en 1428, pero morreu en 1429.

En xullo 1429 Carlo II sucedeu ao seu tío Carlo I en todas as súas posesións. A súa sucesión foi oposta, con todo, polos fillos ilexítimos de Carlo I, dirixidos por Memnone. Memnone e os seus irmáns apelaron ao sultán otomán Murad II en busca de axuda para a obtención da herdanza do seu pai, e o sultán enviou debidamente unha forza baixo Sinan. O xeneral otomán entrou en negociacións coa facción anti-latina de Ioánnina e, despois de garantir os privilexios da nobreza, obtivo a rendición da cidade o 9 de outubro de 1430.

Carlo II continuou gobernando sobre os restos do seu principado en Epiro desde Arta como un vasalo otomán, mentres que os fillos ilexítimos do seu tío recibiron posesións en Acarnania como dependentes otománs. Carlo II morreu en outubro de 1448 e foi sucedido polo seu fillo Leonardo III Tocco. Despois da conquista otomá, os territorios de Tocco convertéronse nun sanjak baixo o nome de «Karli-Eli», derivado de Carlo II.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Polo seu matrimonio con Ramondina de Ventimiglia, Carlo II Tocco tivo catro fillos:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]