Manuel Comneno Ducas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1187 |
Morte | 1241 (Gregoriano) (53/54 anos) |
Déspota | |
Emperor of Thessalonica (en) | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Dinastía Comneno Ducas |
Cónxuxe | Maria Asanina Komnene |
Pais | João Ducas e Zoe Doukaina |
Irmáns | Teodoro Comneno Ducas Constantino Comneno Ducas Miguel I Comneno Ducas |
Parentes | Miguel I Comneno Ducas, irmán consanguíneo Isaac Komnenos Doukas, irmán consanguíneo Alexios Komnenos Doukas, irmán consanguíneo |
Manuel Comneno Ducas (en grego: Μανουήλ Κομνηνός Δούκας, Manuēl Komnēnós Dúkas), nado c. 1187 e finado c. 1241, a miúdo incorrectamente chamado Manuel Anxo (un nome que nunca usou), foi gobernador de Tesalónica de 1230 a 1237 e de Tesalia de 1239 até a súa morte en c. 1241.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Manuel foi o fillo lexítimo do sebastocrátor Xoán Ducas. Foi así un primo irmán do emperador Isaac II Anxo e Aleixo III Anxo, e irmán de Miguel I Comneno Ducas e Teodoro Comneno Ducas de Epiro. Probabelmente despois de 1225 ou 1227 déuselle o título de déspota como ao seu irmán, Teodoro. Case ao mesmo tempo casou, se cadra coa súa segunda esposa, María Asenina Comnena, a filla ilexítima de Iván Asen II de Bulgaria, o que axudou a cimentar a alianza do seu irmán con este país.
Despois da derrota e captura do seu irmán Teodoro por parte dos búlgaros na Batalla de Klokotnitsa en 1230 a Manuel foille permitido por Iván Asen II gobernar sobre Tesalónica e os seus arredores co título de déspota. Nun momento dado Manuel tratou de establecer contactos co Papado, pero en 1232 a longa ruptura co Patriarcado Oriental en Nicea foi finalmente remediada.
Manuel gobernou pacificamente até 1237, cando o seu sogro viúvo Iván Asen II casou con Irene, a filla do cativo Teodoro. Neste punto, Teodoro e os seus fillos foron liberados do cativerio e decidiron recuperar o goberno de Tesalónica. Manuel non tivo éxito en buscar o apoio do príncipe Godofredo II de Villehardouin de Acaia, e viuse obrigado a fuxir a Asia Menor.
Despois dunha tempada entre os selxúcidas de Rüm e en Nicea, Manuel regresou a Grecia co apoio niceno en 1239 e capturou varias fortalezas incluíndo Larisa e Farsalia do fillo de Teodoro Xoán Comneno Ducas, establecéndose como gobernante de Tesalia. Teodoro e Xoán tiveron que acceder a dividir as terras da familia. Cando Manuel morreu ao redor de 1241, o territorio pasou a mans do seu outro sobriño, Miguel II Comneno Ducas de Epiro.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Coa súa esposa María Asenina Comnena, Manuel puido ter polo menos unha filla:
- Helena Comnena Ducaina, que casou con Guglielmo da Verona, triarca de Eubea.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, 1991 (en inglés).
- P. Lock, The Franks in the Aegean 1204–1500, Nova York, 1995 (en inglés).
- K. Varzos, Ē genealogia tōn Komnēnōn, (Thessalonica, 1984), vol. 2, 637-656 (en grego).