Carlo I Tocco
Aparencia
(Redirección desde «Carlos I Tocco»)
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIV Cefalonia - Κεφαλονιά |
| Morte | 4 de xullo de 1429 Epiro |
| Conde palatino de Cefalonia e Zante | |
| Déspota de Epiro | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Outro | |
| Título | Conde palatino Duque Déspota |
| Familia | Tocco (en) |
| Cónxuxe | Francesca Acciaiuoli |
| Fillos | Carlo II Tocco, fillo adoptivo, Teodora Tocco, filla adoptiva |
| Pais | Leonardo I Tocco |
Carlo I Tocco, finado en 1429, fillo de Leonardo I Tocco, foi conde de Cefalonia e Zante á morte do seu pai en 1381.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estivo baixo rexencia da súa nai Maddalena de' Buondelmonti até 1388. Ocupou Natolico, Angelocastron e Dragomeste en 1405 e Ioánina e Arta en 1418, e foi déspota de Acarnania, Etolia e Epiro desde 1418 a 1429. Ocupou Clarentza en 1421 pero perdeuna en 1428. Non tivo fillos lexítimos e adoptou aos do seu irmán Leonardo II Tocco en 1414.
Casou con Francesca Acciaioli, señora de Megara e Sición, filla de Nerio I Acciaioli, duque de Atenas.
O seu fillo ilexítimo Memnone recibiu Acarnania asociado aos fillos adoptivos do pai, e terras en Morea en 1429. Memnone perdeu o que quedaba de Acarnania en 1449.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fine, John Van Antwerp (c1987),The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest, University of Michigan Press, ISBN 0472100793
- Kazhdan, Alexander, ed. (1991), Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, ISBN 978-0-19-504652-6
- Miller, William (1908), The Latins in the Levant, a History of Frankish Greece (1204–1566), Nova York: E.P. Dutton and Company
- Nicol, Donald MacGillivray (2010), The Despotate of Epiros 1267–1479: A Contribution to the History of Greece in the Middle Ages, Cambridge University Press, ISBN 978-0-521130899
- Soulis, George Christos (1984), The Serbs and Byzantium during the reign of Tsar Stephen Dušan (1331–1355) and his successors, Dumbarton Oaks, ISBN 0-88402-137-8